4. ACTIVIDADES

Presentamos en primeiro lugar unha información do sistema de aprendizaxe entre pares e a súa aplicación en clase.

TÉCNICA: INFORMACIÓN

Historia: En 1998 creábase o programa de lectura Read On o Center for Peer Learning da Universidade escocesa de Dundee. Dende entón representa un dos máis destacados modelos do chamado aprendizaxe entre pares ou, no noso caso, Titoría entre iguais.

Obxectivo: O obxectivo é que, en definitiva, os que máis saben axuden aos que saben menos; pero cun adestramento previo para que a súa acción sexa sistemática e efectiva, xa que non se trata de facer os deberes a alguén da mesma idade senón de axudalo a que aprenda a facelos pola súa conta.

Idades (Cross-age): Con frecuencia, o programa tivo diversas variantes por razóns de idade: por exemplo, é útil adestrarse na axuda cando unha persoa vai nun curso máis adiantado e axuda outra que comeza a ler.

Ler en parella (Paired Reading): Len xuntos ata que o par logra facelo só, aínda que sexa con correccións breves. Cando se equivoca, invítaselle a reflexionar e volver intentalo.

Pensar en parella (Paired Thinking): Pensar en parella. Intenta axudar, sobre todo, á comprensión lectora, seguindo, por exemplo, segundo idades, os tres pasos clásicos e outros: dicir en propias palabras o lido, interpretar nun esquema gráfico as ideas principais e secundarias, prognosticar un pouco que vai pasar cos personaxes e accións das que se fala no relato.

Animación (Liven up): Con palabras breves, dando razóns de por que o fixo ben, explicando algunha consecuencia de para que vale o que está a facer perfectamente, dándolle seguridade, evitando medos e angustias de facelo mal, comunicando a outros o ben que o fixo.

Proceso (mental process): Indicando con claridade o que debe facer, explicando por que debe facerse así, facendo demostracións previas de como se fai, facilitando alternativas de como facelo mellor ao seu xeito, con ensaio e repetición previa e de reforzo.

Avaliación (Five-Finger-Test): Entre outros máis amplos, un exemplo simple do xogo erro / acerto en recoñecer palabras que quedan baixo os cinco dedos que poñen ao chou sobre un texto.

TÉCNICA: AUDIOVISUAIS

¿Como vivir a igualdade representando en role-playing as situacións descritas nunha película?

Comezamos propoñendo unha serie de películas o tema principal das cales é a loita pola igualdade en diversas situacións. Ademais do tema tan debatido da igualdade da muller, o día internacional da cal se celebra o 8 de marzo, buscamos suxestións que nos poden facilitar un estudo da igualdade dende outras perspectivas menos estudadas, pero que afectan tamén dun forma próxima á interacción das persoas cos demais na escola, na casa, na vida. É unha selección da profesora Carmen Pereira, especialista en cinema e valores.

THELMA Y LOUISE, Ridley Scott, EE.UU. 1991, 128 minutos. Drama. Gañadora dun Oscar ao mellor guión orixinal.

Argumento: Thelma é ama de casa. A súa vida é tremendamente aburrida e nada gratificante. Darryl, o seu marido, trátaa de forma déspota e machista. A súa amiga Louise é camareira nunha cafetaría e leva unha vida tola. O seu noivo, Jimmy, é músico pero non acepta asumir compromisos. As dúas deciden emprender unha viaxe no descapotable de Louise, pronto descubrirán novas perspectivas.

FORREST GUMP, Robert Zemeckis. EE. UU. 1994. 142 minutos. Comedia. Gañadora de 6 Oscar: mellor película, mellor director, mellor actor (Tom Hanks), mellor guión adaptado, mellores efectos especiais e mellor montaxe. 13 nominacións.

Argumento: Forrest Gump é un home simple e tenro cun coeficiente intelectual baixo pero cheo de sentido común. A aplicación dos máis sinxelos valores e conceptos vitais permítelle vivir insospeitadas e divertidas experiencias. Mentres, a narración de todos os acontecementos que goza móstranos un percorrido pola historia recente dos Estados Unidos.

-EL INDOMABLE WIL HUNTING (Good Hill Hunting). Gus Van Sant. EE. UU. 1997. 126 minutos. Drama. Ganadora de dous Oscar: guión orixinal e actor secundario (Robin Williams). 9 nominacións.

Argumento: Will é un mozo rebelde cunha intelixencia fóra do normal, especialmente coas matemáticas. O descubrimento do seu talento por parte dos académicos obrigarao a elixir entre seguir coa súa vida de sempre -un traballo doado, bos amigos, moitas cervexas e algunha pelexa- ou aproveitar a súa grande calidade intelectual nunha universidade. Os oportunos consellos dun solitario e bohemio profesor axudarano a decidirse.

EL INOLVIDABLE SIMON BIRCH, (Simon Birch). EE.UU, 1998. 109 minutos. Drama.

Argumento: Simon Birch é o neno máis pequeno da cidade, no profundo do seu corazón sabe que naceu para facer algo grande. El atópase nunha constante busca para descubrir o seu destino, pero non obstante parece que só se sabe meter en leas. Mentres tanto, o seu mellor amigo, Joe, busca a identidade do seu pai, un segredo que a súa nai gardou toda a súa vida.

BILLY ELLIOT, (Quiero bailar). Stephen Daldry, Gran Bretaña, 2000. 110 minutos. Drama.

Argumento: Billy, un neno de once anos, é fillo dun mineiro que vive ao Norte de Inglaterra. Descobre e fascínase polo baile, fronte ao boxeo, o desexo do seu pai. A súa profesora, a señora Wilkinson, recoñece ao instante o talento do rapaz e empéñase en ensinarlle ás costas do pai e irmán maior Tony, que se pasan a maior parte do día entre folgas e piquetes.

YO SOY SAM, (I am Sam), Jessey Nelson. EE.UU, 2002. 132 minutos. Drama.

Argumento: Sam é un minusválido mental que deberá loitar nos tribunais por conservar a custodia da súa pequena filla, pois o Estado non o considera apto para facerse cargo da súa educación. Unha recoñecida avogada asumirá o caso, en principio mostra desinterese e frialdade pero cambiará tras coñecer a Sam, descubrir o afecto que sente pola súa filla e comprobar a súa determinación por defender os seus dereitos como pai.

PERSÉPOLIS. Vincent Paronnaud y Marjane Satrapi, Francia, 2007. Comedia dramática de animación. 95 minutos. Gañadora do Premio Festival de Cannes, 2007. Nominada mellor película de animación, 2008 e ao Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa, 2008.

Argumento: Estremecedora historia dunha rapaza iraniana dende a revolución islámica ata a actualidade. Comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando ás mulleres a usar o veo e encarcerando miles de persoas. Na súa adolescencia envíana a Europa onde por fin pode vivir, reflexionar e comparar outras culturas co fundamentalismo relixioso do que escapou.

TÉCNICA: ROLE PLAYING

¿Como vivir a igualdade aplicando a técnica do role-playing ás situacións descritas nunha película?

A Técnica do role-playing, ou xogo de papeis, non debe confundirse coa escenificación de papeis, na que cada persoa colle un papel (escrito ou improvisado segundo as pautas de cada papel) e o representa. Isto é, sen máis, aínda que sexa importante e divertido no grupo, unha representación teatral.

O role Playing engade normalmente algo máis: o xogo, polo que os papeis non son estáticos -cada un o seu, e xa está-, senón que se intercambian e cada quen colle o papel que quere en cada momento, pasa dun a outro, aínda que sexan contraditorios, monologa nun, dialoga cos demais, etc. É, pois, moito máis dinámico que a escenificación de papeis; pero require o coñecemento dalgunhas estratexias que permiten o seu desenvolvemento eficaz.

Tema: Elección do tema presentado pola película. Explícase ben de que vai e cál é o obxectivo do role-playing: vivir dende dentro cada un dos personaxes e cáles son os seus sentimentos, ideas e reaccións ante a situación.

Escenario: Trázase no chan, con fita adhesiva, un rectángulo de 4 metros por tres. Divídese en 6 sectores, que van corresponder aos 6 personaxes principais da película: o nome ou función do personaxe escríbese nunha folla e colócase, fixada con adhesivo, no seu sector correspondente. Cando alguén representa ese personaxe, ha de actuar dentro dese sector.

Estratexias: Teñen nome propio e é necesario comprender moi ben en que consiste cada unha: cambios, substitucións, intercambios, diálogos, monólogos, stop, discusións, novos papeis, condución do role-playing, conclusións.

PARA SABER MÁIS: Todo iso e a acción dinámica do role-playing podes atopalo neste e-studio:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies