INTRODUCIÓN

<Non se trata de que os que están no pupitre do lado che fagan os deberes senón de que che ensinen como podes aprender a hacerlos>

-¿O intento de axudar a outro convértenos dalgún modo en igual ao outro? Talvez sexa mellor esta frase: Para axudar eficazmente ao outro, ¿é necesario poñernos no seu lugar, na súa pel, na súa forma de ver e capacidade de entender as cousas?

-Por iso o eixe da nosa Unidade 3 sobre o valor cidadán da Igualdade céntrase niso que chamamos Role Playing, xogo de roles ou de papeis: ponte en lugar do outro, xoga o seu papel, enténdeo e, en certo sentido, colócate ao seu nivel, iguálate.

-Dous escenarios vannos servir para esta acción: a chamada aprendizaxe entre pares ou titoría entre iguais e, por outra parte, diversas películas de cinema que se prestan para tomar papeis do ¿que farías ti no seu caso? ou ¿como o axudarías para reivindicar o seu dereito á igualdade e loita contra a discriminación que alí se padece?

1. A NOTICIA

A película francesa Ser e ter mostra cómo un entusiasta profesor logra axudar a toda unha escola unitaria, onde non hai graos, senón un só grupo no que, ao mesmo tempo, realizan as súas tarefas nenas e nenos entre 4 e 11 anos baixo a titoría dun só profesor de 55 anos, a punto de retirarse.

A película, que representa unha situación actual en diversas rexións de Francia, foi rodada no pobo de St. Etienne Aur Usson, da bisbarra rural do Puy de Dôme. Recibiu por iso, e pola súa calidade, o Premio do Cinema Europeo 2003 ao mellor documental. Foi estreada en España o 2004.

-É talvez un dos mellores símbolos para un debate educativo, no que todos, pais, alumnos e o mestre Georges López, antigo emigrante español, desenvolven unha acción participativa de singular entusiasmo e eficacia, a pesar da diferenza de idades e da diversidade de actitudes en cada un dos protagonistas.

-A análise da película serviranos especialmente de introdución e referencia para unha das actividades principais desta Unidade: ¿Como establecer, por exemplo, en clase o sistema de axuda entre iguais?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies