5. METODOLOXÍA
-Pódese comezar coa anécdota do violinista no Metro. ¿En que se fixou a xente? ¿É certo que algunhas veces nos inflúen máis as diferenzas externas e non nos fixamos tanto no valor de cada persoa senón na súa situación?
-Repasamos entón as ideas de igualdade, dignidade, discriminación estudadas na Unidade 1 sobre este valor da igualdade.
-Engadimos agora a idea de diferenza, explicando un pouco as 8 situacións de discriminación propostas: idioma, nacemento, etc.
-Estudamos a continuación as noticias que se propoñen para o estudio destas 8 diferenzas e buscamos outras noticias de actualidade que proporcionen máis elementos para ver que pasa na realidade sobre a aceptación e cumprimento deste valor cidadán da igualdade.
-Pasamos, finalmente, ao noso mundo interior do colexio, da clase: ¿practícase o dereito á igualdade, mantendo e respectando as diferenzas de cada un?
-¿Que nos parece a idea da escola inclusiva? ¿Que habería que facer?