INTRODUCIÓN
Todos os alumnos, por exemplo, teñen dereito a aprender e dispoñer de recursos abondos para a súa educación (igualdade) pero cada un pódeo facer de forma distinta (diferencia), sexa cal sexa a súa orixe, o seu idioma, as súas ideas, a súa posición social, a súa raza, a súa relixión, o seu sexo (diferenzas).
E así en todos os dereitos, tal como estudamos anteriormente ao facer referencia aos 30 artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos: vida, liberdade, seguridade, xustiza, honra, vida privada, familia, residencia, asilo, nacionalidade, propiedade, pensamento, relixión, opinión, asociación, traballo, representación, educación, saúde, descanso, cultura, e outros que podes repasar aquí.
Todos somos iguais ante eses dereitos, pero cada un pode gozar deles de forma distinta, con tal de que, en todo caso, se respecten claramente os dereitos dos demais.
É o que chamamos diferencias e que na Declaración Universal e a Constitución Española aparecen, entre outros, con estes títulos: idioma, nacemento, opinión, persoa, posición, raza, relixión, sexo.
Pois ben, a proposta desta Unidade 2 é aclarar que, sexan cales sexan estas diferenzas, todas as persoas son iguais ante os dereitos citados neses documentos fundamentais.
1. A NOTICIA
Contan que o xornal The Washintong Post propuxo en xaneiro do 2007 ao violinista Joshua Bell, considerado talvez o mellor de mundo, facer un experimento:
<Colócaste no hall da estación de L%u2019Enfant do metro de Nova York e interpretas co teu Stradivarius, que lle custara catro millóns de dólares, durante 43 minutos, pezas de Bach e Schubert. Seguro que en pouco tempo lograrías moitos dólares e decenas de persoas se deterán para escoitarte>.
Pero a realidade é que só logrou que unha persoa se detivese un pouco máis que o resto porque recoñeceu quen era. Tamén algún neno, din, era arrastrado polos seus pais cando quedaba mirándolle cara a atrás, entusiasmado polo que oía.
-<Ninguén aplaudiu, e iso doeume moito>, dixo despois Joshua. Na gorra, á fin do concerto, había só 30 dólares.
Non aos estereotipos previos
Ás veces, a diferenza, a envoltura externa, a situación que nos rodea pode máis que a realidade: deixámonos levar máis polo que parece que polo que é.
Temos o estereotipo de que un violinista que toca nunha estación de metro o fai, xeralmente, só por necesidade; e porque, talvez, non ten oportunidade de subir a un escenario. En consecuencia, non nos fixamos no valor e a calidade da persoa senón na súa envoltura ou situación externa.
-¿Buscamos algúns exemplos de noticias onde se pode dar isto de que a <diferenza externa> nos pode levar a que esquezamos que a <dignidade da persoa> é a que fai que todos sexamos iguais ante os dereitos humanos fundamentais?