4. ACTIVIDADES

TÉCNICA: INFORMACIÓN

¿Como desenvolver o sentido crítico nos nativos dixitais?

Se aos chamados nativos dixitais lles désemos a opción de substituír as clases por un bo vídeo ou un documental, faríano sen dubidalo.

Características dos nativos dixitais: Unha característica importante é que para eles é fundamental compartir a información e as emocións de forma inmediata, desinteresada e pública, xusto o contrario que os seus pais.

Os nativos dixitais tamén teñen en común algúns puntos débiles. Por exemplo, como na Rede atopan case todo de forma rápida e fácil, teñen escasa capacidade de estudo e de investigación. Tampouco son demasiado reflexivos sobre a calidade da información que reciben e manexan. É nestes aspectos onde o sentido crítico pode resultarlles de utilidade.

É importante, por exemplo, que se pregunten sobre a veracidade e calidade da información que consultan e descargan da rede. Do mesmo xeito que sucede nos medios de comunicación clásicos, en Internet cólganse artigos e reportaxes pouco documentadas e rigorosos. É necesario esforzarse en contrastar as fontes, comparar varias páxinas e realizar seguimentos dos autores para comprobar o seu grao de competencia. é o mesmo método que usan os científicos cando consultan e revisan as referencias bibliográficas sobre un determinado tema.

O sentido crítico tamén pode servir para que estean ao mollo nas redes sociais. Nelas cólgase unha chea de información persoal que, en moitos casos, ten un alto contido emocional. é, xa que logo, información moi sensible. Ademais, calquera pode colgar unha foto túa comprometedora sen que te decates.

¿Utilizan esa información os propietarios da páxina?, ¿é visible para outras compañías comerciais?, ¿poden usala para trazar perfís de consumo?, ¿pode comprometer o futuro persoal e profesional dunha persoa? Son exemplos de preguntas que deben exporse antes de comezar a socializar en aberto.

TÉCNICA: ENQUISA

A) Avaliación crítica dunha páxina web

Propómosvos un exercicio práctico: elixide unha páxina ou un blog e utilizade esta lista de preguntas para construír unha ficha de avaliación do contido. Logo, repasade o conxunto de respostas para decidir se a páxina merece un aprobado.

-¿Cando foi creada?

-¿Actualízase con regularidade?

-¿Está claro quen é o autor?

-¿Podemos contactar con el e consultar o seu currículo?

-¿Permite coñecer quen son os propietarios e patrocinadores?

-¿Son patrocinadores altruístas ou interesados?

-¿Facilita medios de contacto co autor? (Atención: non debedes confundir ao autor dunha páxina ou artigo co web master).

-¿Está claro (e é convincente) o seu obxectivo?

-¿Poderían ter outros obxectivos (por exemplo, comerciais) os autores e propietarios do sitio?

-¿É fácil de usar?

-¿Que cousas a converten en amigable?

-¿Necesitas pagar ou comprar software para navegar por ela?

-¿Que fontes de información utiliza?

-¿Son fontes de información rigorosas?

-¿Resultouche útil?

-¿Por que deberías / ou non deberías utilizar a información que contén?

-¿É mellor que outras páxinas similares que consultaches?

B) Calidades dunha boa páxina

-Honesta. Deben estar claro o seu obxectivo e quen son os autores e patrocinadores, así como a que institución ou empresa pertencen.

-Rigorosa. O seu contido debe estar escrito por autores con competencia e autoridade na materia.

-Actual. O seu contido debe actualizarse con regularidade e os que propón deben estar en vigor e funcionar correctamente.

-Obxectiva. A información debe ser obxectiva e estar claramente separada da publicidade, que debe ser limitada.

-Amigable. Debemos poder consultar a información sen ter que pagar pluses, utilizar un navegador concreto ou descargar software da compañía propietaria.

TÉCNICA: AUDIOVISUAIS

Película sobre o sentido crítico: O aceite da vida (Lorenzo´s oil) é unha película que narra a historia de Lorenzo Odone, un neno afectado dunha rara enfermidade neurológica de orixe xenética; e dos seus pais, que aínda sendo alleos ao mundo científico, conseguen atopar unha cura para a enfermidade do seu fillo, cuestionando os paradigmas médicos da época e utilizando enormes doses de tenacidade e imaxinación.

Ficha da película

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies