VALOR CIDADÁN 4: COÑECEMENTO CIENTÍFICO
INTRODUCCIÓN
Non existe unha pócima máxica para converterse en científico, pero si algúns ingredientes que axudan a conseguilo. O sentido crítico, a curiosidade, a constancia e a imaxinación son algúns deles.
Coñécense como valores científicos, un nome un pouco rimbombante, todo aquilo que son ferramentas valiosas para formular boas preguntas sobre o que sucede no mundo natural e atopar algunhas respostas.
É así como se avanza no coñecemento científico: resolvendo pregunta tras pregunta. O sistema é bastante simple e funcionou ben para explicar moitos fenómenos, desde a orixe do universo á evolución das especies.
E a boa noticia é que o coñecemento científico tamén é útil na vida cotiá. Nas distintas Unidades de este e-studo iremos contando como os valores científicos e as boas preguntas poden resultar útiles para resolver situacións en casa, no colexio ou na rúa.
O presente e-studo consta de 4 Unidades, que se editan separadamente na web. Para facilitar o traballo en clase pódese consultar tamén nun documento único, editado en word, nesta mesma Unidade.
VALOR CIDADÁN 4: COÑECEMENTO CIENTÍFICO /
UNIDADE 1: O sentido crítico nos nativos dixitais
1. A NOTICIA
Hoxe toca falar da utilidade do sentido crítico como elemento principal para desenvolver o valor cidadán do coñecemento científico. E para facelo eliximos Internet como escenario, ese lugar virtual no que se divirten e comunican a maior parte dos estudantes de primaria e a ESO do noso país.
-Todos eles naceron logo de 1990, o que significa que creceron nun mundo completamente dixitalizado. En contraposición aos seus pais e profesores, que naceron nun mundo analóxico e logo emigraron ao mundo dixital, estes alumnos usan a Rede (polo menos en casa) como o principal medio de comunicación, socialización e procura de coñecemento.
-Ademais, compórtanse dun modo completamente diferente aos seus proxenitores e mestres cando usan as novas tecnoloxías da información. Son os chamados nativos dixitais.
-No que se refire á forma de comunicarse e xestionar a información, os alumnos que son nativos dixitais comparten unha serie de características. Son capaces, por exemplo, de prestar atención a moitos recursos á vez: o móbil, o chat, a rede social, YouTube, e algún que outro blog. Ven menos a televisión que os seus pais e para eles as principais fontes de coñecemento son Google e a Wikipedia. Case non utilizan o correo electrónico, pero non poden vivir sen o Tuenti ou Facebook.