5. METODOLOXÍA

O importante nesta Unidade 4 é recoller, como síntese final, a importancia do coñecemento científico como valor cidadán.

-Unha forma directa de empezar pode ser que cada un presente algún libro que leu na súa vida e conectoulle dalgún modo co seu interese pola ciencia, ao estilo e suxestión do que nos contaron os expertos sinalados arriba.

-Talvez, despois, algún experimento de ciencia divertida indicado en Recursos, buscando a continuación algunha reflexión sobre os condicionantes que levan consigo estes experimentos e as calidades que esixen para logralos. ¿Coinciden co que se dicía nas Unidades 1, 2, e 3?

-¿Vemos algunha película de ciencia ficción? ¿Que lles suxire? ¿A diversión entra no coñecemento científico, ou todo alí é máis duro e rigoroso? ¿Fomentan a actitude favorable cara ao estudo das ciencias?

-Finalmente, un por un, os valores que a ciencia achega á sociedade. ¿Que é un cidadán con valores científicos: curioso, escéptico, razoable, universal, comunista, provisional, autocrítico, aberto, creativo, innovador?

-¿Facemos un cartel cunha efixie de cidadán con esas calidades?

-¿Pomos nunha guía ilustrada en que consiste practicamente na vida o comportarse dese modo, con algúns exemplos?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies