VALOR CIDADÁN 4: COÑECEMENTO CIENTÍFICO /
UNIDADE 4: COÑECEMENTO CIENTÍFICO E SOCIEDADE
O presente e-studo consta de 4 Unidades, que se editan separadamente na web. Para facilitar o traballo en clase pódese consultar tamén nun documento único, editado en word, nesta mesma Unidade.
INTRODUCCIÓN
A ciencia conforma a nosa propia escala de valores, as ideas que temos sobre a vida e a morte, sobre as causas das cousas, o pasado da humanidade e o futuro do planeta.
Aquí e en calquera outro lugar, a ciencia é motor da sociedade nunha dobre faceta: por unha banda no que chamamos prosperidade e progreso; o que está en relación coa produción e a economía, mediante a tecnoloxía e a innovación. A ciencia inflúe sobre a enerxía que producimos e consumimos, a calidade do aire que respiramos, os computadores, teléfonos ou trens de que dispomos, os medicamentos e alimentos con que contamos, a calidade e duración da nosa vida.
1. A NOTICIA
A restauración social da ciencia
«Quédome cunha frase do discurso de Barack Obama: We will restore science to its rightful place. Esas palabras, con inevitables referencias ao pensamento de Francis Bacon hai xa catro séculos, recollen a idea dun home cargado de ilusión, ante millóns de persoas de todo o mundo, tamén plenas de ilusión. -“Devolveremos a ciencia ao lugar que lle corresponde”, prometeu o novo presidente dos Estados Unidos de América no seu acto de investidura, e eu quero pensar que aquela ilusión colectiva tamén significa que estamos de acordo en dar á ciencia unha maior relevancia, en todos os países»
Ramón Núñez. La Voz de laEscuela, 4 de febreiro do 2009.