VALOR CIDADÁN 4: COÑECEMENTO CIENTÍFICO / UNIDADE 3: COÑECEMENTO CIENTÍFICO, CERTEZA E DÚBIDA
INTRODUCIÓN
A ciencia non produce certezas: unha cousa son os feitos irrefutables (a Terra non é plana, senón aproximadamente esférica) e outra as teorías e os modelos científicos.
-«O problema do mundo é que os estúpidos están completamente seguros e os intelixentes cheos de dúbidas». Bertrand Russell
-«A auténtica ciencia ensina sobre todo a dubidar e a saberse ignorante». Miguel de Unamuno
-Wiliam Hamilton: «O cume máis alto da ciencia humana é o recoñecemento da ignorancia humana»
O valor da dúbida
Sobre os feitos podemos chegar a desenvolver certezas incuestionables, pero sobre a forma en que os explicamos, que é o que fai a ciencia, sempre debemos deixar unha porta aberta á dúbida.
John Archibald Wheeler, físico estadounidense que lle puxo nome aos buracos negros, adoitaba dicir que vivimos nunha illa rodeada dun océano de ignorancia, e que a medida que a nosa illa de coñecemento crece, tamén o fai á conta da nosa ignorancia. Referíase ao coñecido fenómeno de que canto máis sabemos sobre o mundo máis preguntas novas vannos xurdindo, o que nos obriga a recoñecer que a ciencia é como unha máquina de fabricar nova ignorancia. Wheeler, como todos os bos científicos, pasouse a vida loitando contra a sensación de certeza que con tanta facilidade nos invade aos humanos. Se non dubidásemos e non recoñecésemos a nosa ignorancia, nunca teriamos ideas novas.
O presente e-studo consta de 4 Unidades, que se editan separadamente na web. Para facilitar o traballo en clase pódese consultar tamén nun documento único, editado en word, nesta mesma Unidade.
1. A NOTICIA
Darwin e Galileo
No 2009 celebramos os 400 anos das primeiras observacións de Galileo co telescopio e os 150 anos da publicación de A orixe das especies, a obra na que Charles Darwin deu a coñecer a súa teoria da evolución. Os achados destes científicos deron lugar a auténticas revolucións: o primeiro, ao desaloxar á humanidade da súa posición privilexiada no centro do universo; e o segundo, ao converternos nunha máis das especies que poboan o planeta, froito ademais dun proceso de evolución incompatible coa crenza de que somos o froito escollido da creación.
Con todo, ambos se enfrontaban de forma completamente distinta ás súas propias dúbidas. O carácter orgulloso de Galileo levoulle a esixir que se adecuase o contido da Biblia ao modelo heliocéntrico do universo, aínda que entón non dispuña dunha proba irrefutable que demostrase que a Terra daba voltas ao redor do Sol. Pola contra, a prudencia de Darwin levoulle a esperar vinte anos antes de dar a coñecer a teoría da Evolución.