5. METODOLOXÍA

-Comezamos cunha pequena información sobre a noticia de que a Declaración Universal dos Dereitos Humanos cumpriu 60 anos.

-Presentamos despois o logotipo e explicamos un pouco en que consiste o lema escollido: dignidade e xustiza para todos.

-Comprobamos ata que punto comprenden ben, segundo idades, o que esas tres palabras significan: dignidade xustiza todos. ¿Podemos pór algún exemplo de noticias que as expliquen mellor?

-Entramos finalmente na procura de noticias que teñan unha relación suficiente cos Dereitos promulgados na Declaración Universal.

-Por suposto, non é necesario buscar noticias para todos os Dereitos, xa que algúns deles teñen máis dificultade de comprensión, segundo as idades dos alumnos, ou non aparecen facilmente noticias para todos.

-Ás veces é máis importante elixir, por exemplo, cinco dereitos, dividir a clase en subgrupos de tres e que cada subgrupo busque diferentes noticias que incidan nun deses dereitos.

-Recordando sempre o triplo obxectivo: comprender o dereito, conectalo coa realidade descrita en cada noticia a favor ou en contra dese dereito e, finalmente, promover algunha idea que nos implique na práctica e aplicación dese dereito no noso grupo de clase ou cidadanía.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies