4. ACTIVIDADES

1. TÉCNICA: INFORMACIÓN

¿Quen escribiron a Declaración?

-O primeiro documento sobre Dereitos Humanos estudouse na Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1946. A principios de 1947 nomeouse a Comisión que elixiu un Comité presidido por Eleanor Roosevelt, viúva do presidente Franklin Roosevelt dos Estados Unidos.

-Nel estaban tamén René Bassin, de Francia; Charles Malik, do Líbano; o vicepresidente Peng Chug Chang, de China ; e o director da División de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, John Humphrey.

-O texto inicial da Declaración presentouse en setembro de 1948 e 50 Estados membros participaron na súa redacción final, que se aprobou o 10 de decembro de 1948. Oito nacións abstivéronse de votar, pero ningunha votou en contra.

-A declaración de Dereitos Humanos ostenta a marca mundial no Guinness como o documento máis traducido do mundo a máis de 300 idiomas diferentes

2. TÉCNICA: CASOS

-Antes de entrar na análise dos diversos dereitos dos que se fala na Declaración Universal, podemos facer con subgrupos de dous alumnos unha incursión no xornal buscando noticias que presenteN casos en que algunha desas tres palabras clave -dignidade, xustiza, para todos- do cartel non se cumpren:

-¿Que noticia atopas onde non se tivo en conta a dignidade da persoa, simplemente por ser persoa, prescindindo de se es pobre ou rica, maior ou menor, estranxeira ou nacional?

-O mesmo: ¿Atopas algunha noticia onde se fale dun caso de inxustiza?

-Finalmente: Un caso no que se cumpra algún dereito, pero só con algúns e queden excluídos outros. ¿Que significa para todos?

3. TÉCNICA: ENQUISA

Para cada dereito, unha noticia

O noso obxectivo é buscarlle noticias, feitos, que acheguen o coñecemento dos dereitos á nosa vida cotiá. Ás veces non é fácil, xa que non todos os dereitos promulgados teñen eco nas páxinas do xornal; pero o importante é que os alumnos acheguen á actualidade o escrito en grandes documentos. ¿Atoparás nos xornais destes días outros feitos para estes 10 primeiros dereitos que seleccionamos?

1. Libres e iguais en dignidade e dereitos.

-NOTICIA: As persoas con Síndrome de Down reclaman oportunidades de traballo sen barreiras e consideran que traballar é o mellor modelo de superación. «Somos un máis, somos capaces e, ademais, somos valentes», concluíron os participantes na mesa redonda que onte pechou en Santiago o segundo Congreso Galego Síndrome de Down Dependencia-Independencia.

2. Dereitos e liberdades sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, orixe, economía ou nacemento.

NOTICIA: A Policía de Noia atribúe a un brote racista a malleira que catro mozos deron a dous peruanos. Os agresores baixaron dun coche e comezaron a darlles patadas e puñadas. A fin de semana acabou de xeito dramático para A C., de 41 anos, e E. de 28, dous homes de nacionalidade peruana. Segundo o seu testemuño, e de acordo con fontes da Policía Local de Noia, relaciónase o feito cun episodio racista.

3. Dereito á vida, liberdade e seguridade da súa persoa.

NOTICIA: O Premio Nobel da Paz 1997, Jerry White, sinalou: «Teño confianza en que haberá un acordo universal para prohibir as minas antipersoais, as municións en acio e as antivehículo», como ocorreu no seu momento coas armas nucleares. White, quen perdeu unha perna e case a vida por unha mina antipersoal aos 21 anos, loita xunto a organizacións da sociedade civil para terminar con estas armas inhumanas.

4. Ninguén estará sometido á escravitude e servidume.

NOTICIA: A ministra británica de Interior, Jacqueline Jill Smith, acaba de anunciar unha lei que non fará que a prostitución deixe de ser legal no seu país, pero que si sancionará o seu uso cando afecte a mulleres obrigadas contra a súa vontade a exercela. «As mulleres vítimas do tráfico de seres humanos non teñen elección. Os homes si», xustifica Smith. A situación no Reino Unido describe á perfección o que sucede a nivel comunitario, onde a batalla contra a prostitución só pode exercerse cando esta é forzada.

5. Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.

NOTICIA: Penas de ata seis anos de prisión para cinco «mossos» que torturaron a un detido. Segundo cre probado o tribunal, os axentes golpearon e torturaron ao detido, de orixe romanesa e ao que confundiron cun atracador, e tamén maltrataron e arrestaron ilegalmente á súa noiva, embarazada de tres meses, ata lograr que lles permitise entrar no seu domicilio para rexistralo ilegalmente.

6. Recurso efectivo ante os tribunais contra actos que violen os seus dereitos fundamentais.

NOTICIA: Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de medio ambiente na Coruña e coordinador de incendios de Galicia dixo que «En casos como o do Prestige hai que ir a xurisdicións especializadas». O acusador público no proceso do petroleiro recoñece o esforzo do xulgado de Corcubión e pide máis tempo para que os peritos fagan os seus informes con calidade. Sobre esa premisa, a posición da Fiscalía no caso do Prestige é coñecida: debemos ir a xurisdicións especializadas.

7. Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.

NOTICIA: O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) investigará o caso dunha xuíza de instrución de Barcelona que advertiu aos Mossos d’Esquadra do seu cargo para librarse de que lle practicasen un test de alcoholemia, no que finalmente deu un resultado de 0,48, case o dobre do máximo permitido. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC), a presidenta do alto tribunal, María Eugènia Alegret, recibiu o pasado día 21 por correo electrónico unha comunicación da policía autonómica que lle informaba do caso e acordou remitilo ao CGPJ para que investigue a actuación da xuíza.

8. Ser oído publicamente por un tribunal para a determinación do seus dereitos ou o exame de calquera acusación en materia penal.

NOTICIA: Contra o terror, xustiza: en Afganistán (a base de Bagram alberga a centenares de detidos sen xuízo nunha nova versión de Guantánamo), Iraq e países aliados ou bases militares. De todos eles, só un detido de Guantánamo foi declarado culpable por unha comisión militar, unha entelequia creada polo Goberno de Bush, que incumpre as normas internacionais para a celebración de xuízos xustos.

9. Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se demostre a súa culpabilidade.

NOTICIA: A Xustiza francesa non dispón de probas para imputarlle a Garikoitz Aspiazu, Txeroki, o asasinato hai un ano de dous gardas civís en Capbreton, xa que tanto as súas pegadas xenéticas e dactilares como a súa pistola non se corresponden cos elementos sumariales. Os peritajes balísticos da pistola Smith&Wesson de 9 milímetros atopada en poder de Txeroki demostran que non disparou os casquillos do mesmo calibre recollidos o pasado 1 de decembro xunto aos cadáveres de Fernando Trapero e Raúl Centeno.

10. Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra e á súa reputación.

NOTICIA: O empresario e produtor de televisión José Luis Moreno agradeceu hoxe ao ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, o traballo e a dedicación demostrada pola Policía e a Garda Civil tras a caída da banda que asaltou o seu chalé en decembro do 2007, causándolle graves feridas.«É un orgullo e unha tranquilidade que se conseguise deter a esta banda e que non volva cometer este tipo de cousas», asegurou o empresario teatral en declaracións aos medios.

DEREITOS E NOTICIAS

Ao combinar dereitos e noticias, pretendemos acadar os obxectivos::

a) Coñecer en síntese breve o texto da Declaración Universal de Dereitos Humanos.

b) Conectar cada un dos Dereitos alí sinalados con algunha noticia máis ou menos recente dos periódicos, dando así un ton cercano e de actualidade ao noso estudo dos valores cidadáns na aula.

Artigo 11: Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade.

NOTICIA: Absolto o ex alcalde de Calvos de Randín ao non probarse que autorizase unha obra antes de que fose adxudicada.

A. 12: Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou a súa reputación.

NOTICIA: A angustia que sofre a deseñadora galega Kina Fernández, despois de ser vítima do asalto do seu chalé, onde a ela a o seu marido os esperaban os asaltantes, é a que soportan milleiros de galegos que cren que calquera día poden ser os seguintes.

A. 13: Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado; a saír de calquera país, mesmo o propio, e a regresar ao seu país.

NOTICIA: España envía dous avións militares e un civil para recoller aos preto de 300 turistas que levan retidos máis dunha semana en Bangkok

A. 14: En caso de persecución, toda persoa ten dereit a buscar asilo, e a disfrutar del, en calquera país.

NOTICIA: O dereito de asilo ampliarase a quen son perseguidos pola súa condición sexual. É a primeira vez a lexislación española fai mención expresa a esta condición.

A. 15: Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.

NOTICIA: Núñez Feijoo criticou en Uruguai o proceso para conseguir a nacionalidade española de orixe para fillos e netos de emigrantes aprobados polo Goberno español, en especial a inaceptable limitación de anos.

A.16: A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade.

NOTICIA: Unha familia feliz é unha boa medicina. José Luis Olaso afirma que o que sufre conflitos familiares está encorvado e coa mirada ida.

A.17: Toda persoa tene dereito á propiedade, individual e colectivamente.

NOTICIA: O PP pide á Xunta que faga o posible para frear o desafiuzamento dunha familia de Pontevedra. A casa foi levantada en 1929 e a familia que reside actualmente nela accedeu á propiedad legal en 1989.

A. 18: Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión.

NOTICIA: Un xuíz obriga a un colexio público de Valladolid a retirar os crucifixos das aulas. A sentenza recolle que os símbolos relixiosos vulneran os dereitos fundamentais de igualdade e liberdade de conciencia.

A.19: Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión.

NOTICIA: Nas tres universidades e nos institutos galegos celebráronse mobilizacións as últimas semanas contra a nova ordenación do espazo europeo de educación superior, máis coñecido como Plan Bolonia.

A. 20: Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas.

NOTICIA: Reporteiros sen Fronteiras (RSF) e a Asociación Mundial de Xornais (WAN) celebraron a liberación hoxe do xornalista Ou Win Tin, que estivo no cárcere en Birmania durante 19 anos por publicar «propaganda antigobernamental». No 2001 foi galardoado co premio Golden Pen of Freedom Prize (Premio da Liberdade Pluma de Ouro) da Asociación Mundial de Xornais.

CADA DEREITO BUSCA A SÚA NOTICIA

Recollemos noticias do periódico, que representan casos ou situacións onde se cumpreo ou non o dereito do que se fala en cada artigo. Co fin de ser máis breves, proponemos unha cinta sintética do dereito principal ao que se alude.

Artigo 21: Participación no goberno directamente ou a través de representantes libremente elixidos.

NOTICIA: O PP acusa ao PSOE de utilizar a Xunta para mentir aos galegos sobre o voto dos emigrantes

A. 22: Seguridade Social.

NOTICIA:¿Están en perigo as pensións?

A. 23: Traballo e remuneración.

NOTICIA: A crise achica un 15% o negocio dos comercios en Nadal

A. 24: Descanso, tempo libre e vacacións.

NOTICIA: Mozos galegos percorren centos de quilómetros nas noites de marcha

A.25: Nivel de vida, saúde e benestar.

NOTICIA: Conxelados pola intemperie. Os «sen teito» son un fenómeno que parece en expansión nestes tempos de crise.

A. 26: Dereito á educación.

NOTICIA: Os rapaces van a clase: a policía local de Pontevedra reduce o absentismo escolar.

A.27: Participación na vida cultural.

NOTICIA: Os catro coros históricos de Galicia renderán homenaxe á cidade de Ferrol con motivo dos 150 anos do seu título de cidade.

A. 28: Garantía internacional da efectividade destes dereitos.

NOTICIA: A ONU pide a Europa que envíe unha forza ao leste do Congo para facer fronte ao conflito e a crise humanitaria.

A. 29: Deberes respecto á comunidade.

NOTICIA: El 092 llegó a multar con 60 euros a los viandantes de A Coruña que atravesaban incorrectamente

A. 30: Ninguén poderá desenvolver actividades contra estes dereitos.

NOTICIA: Apoio de once concellos da provincia de Lugo a Amnistía Internacional

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies