2. OBXECTIVOS

-O primeiro obxectivo desta Unidade 1 é que os alumnos sexan capaces de recoñecer e comprender, segundo as súas idades, o significado de cada un dos dereitos que aparecen na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

-O segundo obxectivo é que sexan capaces de buscar noticias de actualidade no xornal que teñan relación con cada un deses dereitos.

-O terceiro obxectivo é consecuencia dos dous anteriores: que analicen ata que punto eses dereitos se cumpren ou non e que motivos ou causas poden aducirse en caso de non cumprimento.

-O cuarto obxectivo é que sexan capaces de propor ideas e, nalgún caso, se é posible, implicarse con accións concretas para lograr que algún destes dereitos se cumpran tanto no ámbito escolar como familiar ou social.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies