VALOR CIDADÁN 3: DEREITOS HUMANOS

INTRODUCIÓN

Dedicamos dúas Unidades ao e-studo do valor cidadán que leva o título xeral de Dereitos Humanos. Cada unha das Unidades ten a súa propia entrada na sección de e-studio de noticias, pero para facilitar o traballo en clase pódese consultar tamén nun documento único, editado en word, nesta web.

1. Tal como indícase na Unidade 1, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos cumpriu agora 60 anos, xa que foi aprobada o 10 de decembro de 1948.

Nesta Unidade explícase un pouco en que consiste o logotipo ideado para esta conmemoración: unha estilización da figura humana en pé e cos brazos abertos. Abaixo leva un lema coa frase “Dignidade e xustiza para todos”.

Explícanse esas palabras clave e, logo de sinalar uns datos sobre a historia desta Declaración, comezamos presentando os 30 artigos nos que se fai referencia aos diversos dereitos humanos. Cada un deles vai acompañado dunha noticia recente que pode servir de indicativo da súa actualidade.

2. Na Unidade 2 comezamos indicando cales son, a xuízo da organización Amnistía Internacional, os dereitos humanos que piden unha atención máis urxente no mundo.

A continuación, proponse unha serie de audiovisuais que van desde o cómic ata as ilustracións, gráficos, carteis, documentais e películas de cine.

Finalmente, unha Guía de investigación facilitará aos profesores e alumnos diversos datos sobre estes dereitos humanos, e outros temas que profundan no seu e-studo.

VALOR CIDADÁN 3: DEREITOS HUMANOS / UNIDADE 1: Declaración Universal dos Dereitos Humanos

1. A NOTICIA

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos cumpre 60 anos. Foi aprobada o 10 de decembro de 1948.

O logotipo elixido para recordar eses 60 anos representa unha figura humana de pé cos brazos abertos. A cor amarela simboliza a paz. A cor avermellada reforza a imaxe dos dereitos humanos como a primeira pedra cúbica na que se asenta o patrimonio común da humanidade.

Destácase no centro do logotipo o número 60, conmemorativo do aniversario, e, debaixo, o título: Declaración Universal de Dereitos Humanos. E un slogan: Dignidade e xustiza para todas e todos

¿Sabes que significa Dignidade?

O ser humano posúe dignidade en por si, simplemente porque é un ser humano. E esta dignidade non depende do diñeiro que teña, nin da familia á que pertenza, nin das súas crenzas ou forma de pensar, nin da súa cultura. Simplemente ten dignidade porque é un ser humano. Por iso dise que é intrínseca ao ser humano: levámola dentro e acompáñanos toda a vida.

¿E Xustiza?

Xustiza, segundo o dicionario, é unha virtude que inclina a dar a cada un o que lle corresponde e pertence. ¿E que lle corresponde e lle pertence? A resposta está na lista dos 30 Dereitos Humanos que figura na Declaración Xeral aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas en 1948 e que consta dun preámbulo e 30 artigos.

Todas e todos

O logotipo editouse no ano 2007 recollendo o slogan nos seis idiomas oficiais das Nacións Unidas: árabe, chinés, inglés (Dignity and Justice for all of us) en francés (Dignité et Justice pour nous tous) e en español: Dignidade e Xustiza para todas e todos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies