4. ACTIVIDADES

Selección dunha serie breve de películas sobre tolerancia / intolerancia, por Carmen Pereira, profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo / Ourense.

TÉCNICA: AUDIOVISUAIS

«Isto é o que máis me gusta do cinema, e o que teñen en común as miñas películas preferidas: ¿como pode contribuír un individuo a mellorar o mundo? Sei que o cinema non pode cambiar as cousas, pero pode espertar as ganas de tentalo. Gústame saír de ver unha película con ganas de identificarme co personaxe principal». (Christophe Barratier, cineasta francés, director de Los Chicos del Coro)

EL PIANISTA. R. Polanski. Francia-Alemaña-Reino Unido-Polonia-Holanda, 2002, 148 min.

Wladislaw Szpilman, un brillante pianista xudeu que escapa da deportación, non ocorre así coa súa familia, vese obrigado a vivir no corazón do gueto de Varsovia compartindo o sufrimento, a humillación e os esforzos por saír adiante. Co apoio de amigos e membros da resistencia consegue fuxir do gueto. Vive un tempo escondido nun piso refuxio da resistencia polaca ata que os bombardeos, a fame e o frío condúceno a un edificio en ruínas. Consegue escapar e acubíllase nas ruínas da cidade. Alí un oficial alemán, sensible ao piano e á música de Chopin, axúdalle e logra sobrevivir. O cesamento da guerra favorecerá a súa liberación. (3 Oscar: mellor director, mellor actor e mellor guión adaptado).

LA LISTA DE SCHLINDER. S. Spielberg. EE.UU., 1993. Drama. 194 min.

Alemaña acaba de invadir Polonia. Oscar Schlinder, home de gran astucia e talento para as relacións públicas, deseña un plan empresarial para gañarse a simpatía dos nazis máis poderosos. Relato das vítimas do Hholocausto. Unha historia, baseada en feitos reais, sobre as penalidades que sufriron os xudeus durante a Segunda Guerra Mundial. (7 Oscar á mellor película, mellor director, mellor guión adaptado, mellor montaxe, mellor banda sonora, mellor fotografía e mellor dirección artística).

LA VIDA ES BELLA. R. Benigni. Italia, 1998. Drama-Comedia. 122 min.

Antes de finalizar a Segunda Guerra Mundial, Guido, un mozo de orixe xudía, chega a un pobo da Toscana italiana coa intención de abrir unha librería. Alí coñecerá a Doura, a prometida de Ferruccio, achegado ao réxime nazi, coa que conseguirá casar e ter un fillo. Ao pouco tempo os tres serán deportados a un campo de concentración onde Guido inventará todas as peripecias para facer crer ao seu fillo que a incrible situación que están padecendo é tan só un xogo. (3 Oscar: mellor película estranxeira, mellor actor e mellor banda sonora dramática)

PERSÉPOLIS. V. Paronnaud e M. Satrapi, Francia, 2007, 95 min. Comedia dramática de animación.

Estremecedora historia dunha moza iraní desde a revolución islámica ata a actualidade. Comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando ás mulleres a usar o veo e encarcelando a miles de persoas. Con todo, ela é moi hábil e descobre o punk, ABBA e a Iron Maiden mentres vive o terror da persecución do novo goberno e a guerra de Irán e Irak. Na súa adolescencia envíana a Europa, onde por fin pode vivir, reflexionar e comparar outras culturas co fundamentalismo relixioso do que escapou. (Premio Festival de Cannes, 2007. Nominada á mellor película de animación 2008 e ao Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa 2008).

TÉCNICA: ROLE / PLAYING

1. Elixe unha noticia de tolerancia / intolerancia recollida do xornal.

2. Introduce algúns destes personaxes, non todos, por favor, que faría imposible o Role playing.

3. Segue os pasos indicados para esta técnica: www.prensaescuela.es – Sala de Profesores / e-studo de noticias / pincha Role playing.

-Adiviñanzas: Xa o dicía eu, xa verás como termina nisto, profetismo.

-Catastrofista: Ve o negativo, pero o aumenta para impresionar.

-Etiquetas: Encadra á xente, prexuízos, non atende ao obxectivo.

-Fatalista: Tiña que ser, é o destino, estaba escrito, resignación.

-Lentes negativas: Insiste en ver sempre o negativo das cousas.

-O de sempre: Sucedeu unha vez e sucederá sempre. Non intenta cambio.

-Non sei, sinto que: Sentimento confuso, indeciso, non se aclara, néboa.

-Embigo: Todo ten que circular no seu torno, eu, eu, eu; a min, a min, a min.

-Polarizador: Visión baixo un só prisma, non se vai do seu polo elixido.

-Tería que: Teorías para todo, situacións utópicas, cambios irreais.

TÉCNICA: BIBLIOGRAFÍA / LIBROS

-BANDERA, M.ª: Un hoyo profundo al pie de un olivo. Ed. Anaya 1991. Unión imposible dun xudeu e unha cristiá. Sevilla 1492. Situación da época.

-LOWRY, L. ¿Quién cuenta las estrellas? Espasa-Calpe,1990. Historia para coñecer a situación danesa durante a ocupación nazi.

-O´DELL, S. La canción de la luna. Ed. B. 1992. En 1863 os indios americanos son expulsados das súas terras. Unha moza india dos navajos cóntanolo.

-ROCHA, R. Dos idiotas sentados cada uno en su barril. Allorna, 1987. Dous personajes, sentados cada un no seu barril de pólvora, cunha vela acesa. Ninguén quere ceder en apagar primeiro a súa vela. ¿Que sucede?

-SCHREIBER, E. Un cuervo diferente. Ed. Juventud 1995. Entre corvos negros, vive un multicolor. ¿É un soño?

-VARA, M. Los derechos torcidos. Edelvives 1994. Sete relatos polas zonas máis intolerantes do planeta.

-WILLIANS, B. Michi y su nueva familia. Espasa – Calpe 1990. Michi, 9 anos. A súa nai volveu casar. Nova familia: un neno de 3 años demasiado intelixente; outro de11, listillo. Unha avoa algo mandona.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies