Valor cidadán 2: Tolerancia

INTRODUCIÓN

A tolerancia, segundo o dicionario, vai desde o sentido de levar con paciencia e permitir algo que non se ten por lícito, sen aprobalo expresamente, ata unha segunda acepción na que se identifica a palabra co respecto e consideración cara ás opinións ou prácticas dos demais, aínda que sexan diferentes ás nosas.

Cabe, pois, unha ampla marxe no e-studo deste valor cidadán que presentamos baixo a estrutura convencional utilizada na unidades didácticas: noticia / obxectivos / contidos / actividades / metodoloxía / recursos.

Para facilitar o traballo en clase dividiuse o e-studo en 5 unidades que se publican separadas na web, pero que pode verse tamén nun documento único, editado en word, nesta web.

Na primeira Unidade fixámonos nos principios e proxectos que a Unesco formula e sobre os cales pode desenvolverse na escola e na sociedade o sentido de tolerancia entre os cidadáns.

Na segunda Unidade propomos unha serie de Ideas que fomentan a práctica deste valor e a diversidade de ferramentas que os alumnos poden utilizar na súa actividade escolar e en familia.

A terceira Unidade céntrase nunha enquisa que pode facerse a partir de diversas noticias do xornal, aplicándolles un esquema previo dos cinco graos que van desde o odio á integración e respecto polos demais.

E, finalmente, unha cuarta Unidade que leva o título de Palabras e imaxes de intolerancia, onde se recollen frases comúns que indican formas distorsionadas de ver os acontecementos de cada día e películas que revelan situacións históricas de intolerancia.

VALOR CIDADÁN 2: TOLERANCIA / UNIDADE 1: Principios e proxectos sobre a tolerancia

1. A NOTICIA

Para iniciar o e-studo sobre o valor cidadán da tolerancia, recollemos dúas noticias que, ao seu tempo, poderán ser substituídas por outras de maior actualidade nese momento.

O característico no noso sistema elixido para estudar os valores cidadáns é conectar o valor con noticias de actualidade; e, a partir desa conexión, desenvolver unha serie de actividades que faciliten a consecución de dous obxectivos: un, que os alumnos sexan capaces de comprender, analizar, sintetizar e avaliar en que consiste cada valor; e, segundo, que se xeren actitudes de compromiso e implicación persoal para a posta en práctica de cada valor no exercicio da cidadanía, no grao e dimensión que corresponda a cada un.

NOTICIA 1

O festival de cine euroárabe AMAL celébrase en Compostela

Coa intención de tender unha ponte entre a cultura árabe e a occidental, o Festival de Cinema Internacional AMAL celebra a súa VI edición do 25 ao 31 de outubro en Santiago de Compostela, lugar desde o que se pretende pór fin ao descoñecemento entre uns e outros. Baixo a lema «Vive AMAL cos sentidos», o evento componse de cinco seccións, cada unha delas identificada cun sentido da percepción.

A noticia en La Voz.

NOTICIA 2

Miles de estudantes, profesores e traballadores da Universidade de Navarra reuníronse onte en silencio e baixo a choiva durante cinco minutos para repudiar o terrorismo

A concentración levouse a cabo na chaira situada fronte ao edificio de Ciencias Sociais, a uns cen metros do lugar onde vinte e cinco horas antes estalara o coche bomba colocado por ETA. Numerosas autoridades apoiaron a concentración, que terminou cun prolongado aplauso.

A noticia en La Voz.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies