5. METODOLOXÍA
Podemos comezar, talvez, co exercicio último de Medida de Valores.
Propoñemos a lista dos 10 valores estudados e díselles aos alumnos que, en vez de definilos, se pode describir que fan ou que adoitan dicir as persoas cando teñen ese valor. Péganse no chan 6 fitas de plástico, como chanzos dunha escaleira ascendente, separadas 50 cm unhas doutras. Procédese á explicación de cada un dos 5 graos ascendentes e as súas subdivisións: receptividade, resposta, valoración, organización, caracterización. De cada palabra vaise colocando un papel no chan. Subdivídense por grupos e van facendo pouco a pouco a descrición de sinais externos que describen a existencia dese cada valor cidadán e o nivel ao que se sitúa.
Procedemos despois á explicación das 7 pistas, aplicándoas cada subgrupo a un valor concreto, e facendo carteis que describan en que consisten cada unha das palabras clave: por exemplo, liberdade, alternativa, publicidade, etc. e aplicándoas á idea de valor.
Un exercicio máis difícil, pero necesario e que dá resultado, é facer unha análise crítica das estratexias que se utilizan para educar en valores: ¿Vale a habituación, a moralización, a confrontación, existe a introspección, a imitación? ¿Que se utiliza máis na escola ou na casa? ¿Que opinan os alumnos? ¿Poñemos exemplos concretos?
Finalmente, facemos referencia a libros de texto sobre educación da cidadanía, onde se explica non só o concepto da palabra senón tamén a súa evolución histórica. ¿Elaboramos un documento entre todos sobre o máis importante do «ser cidadán»?