INTRODUCIÓN

Dez meses, dez valores cidadáns

Ao longo deste curso o Programa Prensa-Escuela prestaralle atención á educación en valores en tres frontes distintas:

1. La Voz de la Escuela dedicaralle as páxinas 1 e 3 á presentación do valor previamente seleccionado.

2. Cada mes, na web do Programa: www.prensaescuela.es colgaremos un e-studio de noticias sobre ese valor.

3. Durante o segundo trimestre celebraranse varios Seminarios sobre Educación en valores e iniciarase a edición dun Laboratorio que recollerá os materiais publicados en La Voz de la Escuela e nos e-studios de noticias, aos que se irán incorporando os traballos que elaboren os profesores que asistan aos devanditos Seminarios.

Este e-studio de noticias refírese ao Valor Cidadán 1: NON VIOLENCIA. Para facilitar o traballo en clase dividiuse o e-studio en 5 unidades que se publican separadas na web.

-UNIDADE 1: Resolución de conflitos sen violencia.

-UNIDADE 2: Pena de morte: a última violencia.

-UNIDADE 3: Ciberacoso escolar.

-UNIDADE 4: Diálogo unido e sen violencia.

-UNIDADE 5: O desarmamento.

O conxunto do e-studio pode consultarse tamén nun documento único nesta web, editado en Word, xunto á UNIDADE 1.

1. A NOTICIA

2 de outubro: Día Internacional da No Violencia

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 61/271 do 27/06/07 decide declarar o 2 de outubro de cada ano como Día Internacional da Non Violencia, como recordo do nacemento de Mohandas Karamchad Gandhi, cuxa biografía describimos brevemente.

-2 outubro 1869: Gandhi nace en Porbandar, estado de Gujarat, India.

Fillo do Primeiro Ministro local: estuda dereito nas universidades de Ahmenadab e Londres. Exerce de avogado en Bombai.

-1893: En Sudáfrica traballa para unha empresa e interésase polos 150.000 compatriotas, loitando contra as leis que discriminaban aos hindús, mediante a resistencia pasiva e a desobediencia civil.

-1918: Volveu á India e figurou no movemento nacionalista, participando con métodos de loita de folga, folgas de fame e resistencia non violenta. Un feito importante foi a chamada Marcha do Sal. Foi encarcerado en varias ocasións.

-1931: Participa na Conferencia de Londres, onde reclamou a independencia da India.

-1942: Gandhi e a súa esposa foron encarcerados pola súa resistencia a Londres. A súa esposa Kasturba morreu no cárcere, mentres el xaxuaba durante 21 días.

-1947: A independencia india conseguiuse o 15 de agosto de 1947. Gandhi loitou entón pola integración das castes máis baixas: os sudras, os parias ou intocables, os mlecha. Estivo en contra dos conflitos relixiosos, nos que morreron máis de 5.000 persoas.

-1948: Gandhi foi asasinado en Nova Deli o 30 de xaneiro por Nathuram Godse, un fanático integrista indio, á idade de 78 anos. As súas últimas palabras mentres falecía foron: «Hey, Rama» (oh, Dios). As súas cinzas foron arroxadas ao río Ganges.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies