1. A NOTICIA

10 de outubro, Día Mundial contra a Pena de Morte

Seguimos traballando nesta Unidade 2 co valor cidadán Non violencia. E eliximos o tema da pena de morte, considerado por moitas nacións como un acto non xustificado de violencia.

O Consello de Europa adopta en 1982 a abolición da pena de morte en tempo de paz. Con todo, os estados poderán mantela «por actos cometidos en tempo de guerra ou de perigo inminente de guerra».

O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, reclamou ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas unha moratoria universal da pena de morte para o 2015 e instou aos países que aínda aplican a pena capital a reflexionar sobre o sentido dese castigo.

EE. UU. renova as execucións tras sete meses de moratoria

O Tribunal Supremo desestimou a inconstitucionalidade da inxección letal. Os letrados argumentaron que a inxección letal supón un atentado contra a segunda emenda da Constitución, aquela que prohibe a «aplicación de calquera castigo de natureza cruel e inusual».

Un asasino de dúas nenas é executado en Florida

Richard Henyard, de 34 anos, recibiu unha inxección letal pouco despois das oito da noite tras levantarse unha suspensión do castigo ordenada polo Tribunal Supremo de EE. UU.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies