VALOR CIDADÁN 1: NON VIOLENCIA

Unidade 5: O desarmamento

1. A NOTICIA

Do 24 ao 30 de outubro: Semana do Desarmamento

A idea comeza na data na que se celebra o aniversario da fundación das Nacións Unidas (24 de outubro de 1945) e o seu obxectivo é invitar aos Estados a que poñan de relevo o perigo que representa a carreira de armamentos.

A Semana do Desarmamento celébrase desde 1978. E en 1995 a Asemblea Xeral da ONU invitou ao Secretario Xeral a seguir utilizando na maior medida posible os órganos de información das Nacións Unidas para fomentar entre o público de todo o mundo unha mellor comprensión dos problemas relacionados co desarmamento, tendo en conta estes obxectivos:

-Alcanzar a meta da seguridade, que constitúe un elemento inseparable da paz, foi sempre unha das aspiracións máis profundas da humanidade ( )

-Desde hai moito tempo, os Estados procuraron preservar a súa seguridade mediante a posesión de armas ( )

-Cabe recoñecer que, en certos casos, a súa supervivencia dependeu efectivamente da súa capacidade para contar con medios de defensa apropiados ( )

-Pero a acumulación de armas nucleares constitúe hoxe en día moito máis unha ameaza que unha protección para o futuro da humanidade ( )

-Chegou, pois, o momento de buscar a seguridade no desarmamento, é dicir, a través dun proceso gradual, pero efectivo, que comece por unha redución do nivel actual dos armamentos ( )

-Todas as nacións e os pobos do mundo teñen interese político e económico en facer fronte a este histórico desafío, así como teñen interese en garantir a súa seguridade e un futuro pacífico ( )

-Debate: Puntúa de 0 a 3, segundo esteas conforme ou non co que en cada frase se afirma. Na pizarra vanse copiando as puntuacións e despois establécese o debate onde se recollen as opinións de todo o grupo.

-Aplicación: ¿Apuntámonos ao desarmamento en todos os aspectos da nosa vida: deporte, palabras, pelexas, insultos, críticas, acosos e todo o que soe a violento? ¿Onde tiramos as armas?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies