5. METODOLOXÍA
Comezamos coa idea de sempre. O valor cidadán de noso e-studio é a non violencia. Estamos na Unidade 4, onde conectamos ese valor coa noticia crave: O Día das Nacións Unidas.
-Explicamos esa conexión, abrindo a noticia cunha serie de datos e enseguida marcámonos os Obxectivos e Contidos que imos desenvolver.
-As Actividades comezan coa Técnica de Casos, coa idea de que eles formulen a súa definición do valor non violencia, non tanto desde un punto académico ou filosófico senón partindo da realidade dun feito ou caso práctico. -¿Que fan as persoas que practican a non-violencia para resolvelo? Esa é a definición que poden dar ao final.
-Seguen as Actividades coa experiencia de facer un cartel e escoitar ou compor unha canción sobre este valor.