6. RECURSOS

Finalmente, seleccionamos unha serie de libros, publicacións e organizacións que poden axudar ao deenvolvemento técnico dos cine-fórum o información sobre películas para o ámbito escolar.

-DIOS DIZ, M. Cine para convivir. Ed. Toxosoutos 2001. Moi importante todo o libro. Destacamos para a non violencia o cap. 6 de Cine para convivir e o cap. 10 de fichas didácticas sobre películas concretas para este tema, aplicadas aos diversos ciclos escolares. Un índice moi amplo de películas para o desenvolvemento dos dereitos humanos.

-MAKING OFF. Cuadernos de cine y educación. Oito cadernos ao ano. Inclúe en todos os números unha guía didáctica de 16 páxinas sobre unha película especifica e o seu tratamento pedagóxico na aula. Máis de 60 películas analizadas.

-PADRES Y MAESTROS. Cine y transversales. Trinta películas para traballar na aula. Ed. Mensajero, 2003. Todas as etapas educativas están representadas no libro. As trinta películas que configuran este volume foron seleccionadas tanto pola súa calidade fílmica como polo abano de actitudes e valores que transmiten.

-PEREIRA, C. Los valores del cine de animación, PPU 2005. O seu argumento clave e singular está en centrarse no cine de animación e os seus obxectivos educativos, que marcan desde logo a educación dos nenos nos seus momentos de ocio e a súa identificación cos chamados debuxos animados. Analiza con gran detalle películas e series concretas, e terminan cunha abundante bibliografía e referencias escollidas a páxinas web.

-CINE PARA LA PAZ.Abre a referencia, escribe en búsqueda Cine para la paz. Ten diversos apartados sobre películas e vídeos para a paz e a non violencia. Aquí tes nha dirección concreta.

-FAD. Fundación Ayuda Drogadicción. Cine y educación en valores

-AULA DE CINE Y EDUCACIÓN: Presentación de películas, con cadernillos explicativos en PDF. Selección de películas para a non violencia e a paz.

-PRATS, L. Cine para educar. 2005. Ed. Bellacqua: Guía con máis de 200 películas sobre valores.

-El Refugio / BULLYING. Publicación exhaustiva en Internet con todas as variables AV, recursos, publicaciones, organismos.

-CINE AULA. Aquí atoparás unha serie de películas en DVD que tratan expresamente deste tema da non violencia e outros de interese para a escola.

-SEGOVIA, N. 2007. Aplicación didáctica das actividades de cinefórum. Ideas Propias Editorial. Neste manual aprendemos a empregar a técnica do cinefórum como un recurso educativo motivador do proceso de aprendizaxe,para que de forma clara e sinxela aprendamos a planificar todos os aspectos que se deben traballar nas sesións de cinefórum: obxectivos, contidos e valores.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies