5. METODOLOXÍA
-Comezamos esta Unidade 3 sobre o valor da non violencia conectando con noticias sobre o tema do acoso escolar, xa que se trata de algo próximo e coñecido, ou talvez experimentado, por algúns escolares: o feito da violencia, xa que logo, non está lonxe nin se aplica soamente a guerras históricas en países case descoñecidos.
-Buscamos no periódico noticias de actualidade, tales como as propostas arriba sobre a edición europea do Stop Bullying. E suxerimos, naturalmente, a procura doutras noticias máis actuais sobre este tema que podamos atopar nos xornais de cada día, que o tema segue vivo.
-Unha vez máis, debemos ter presente que as noticias son a base de noso e-studio sobre valores cidadáns e que complementan os libros e programas que sobre Educación da cidadanía se desenvolven nas aulas.
-E seleccionamos unha serie de películas: moitas delas rexistran situacións violentas, pero xeralmente suxiren dun modo explícito, ás veces dunha forma bellísima, a reflexión sobre a non violencia e os despropósitos da loita armada sen sentido.
-En Recursos podemos atopar como utilizar estes e outros medios audiovisuais, co fin de xerar non só unha mellor visión da películas senón tamén unha discusión ou diálogo sobre o que aprendemos con elas da necesidade da non violencia.