4. ACTIVIDADES
Seleccionamos, en primeiro lugar, a película titulada Gandhi, que centra precisamente e con claridade o valor da non violencia, que nos ocupou directamente no mes de outubro.
Despois engadimos unha lista suxerida de películas que tratan directamente do tema da guerra, conflitos e historias persoais e colectivas. De todas elas pódese atopar facilmente en Internet unha referencia do seu argumento e outros datos.
1. Técnica: AUDIOVISUAIS
-GANDHI, 1982. Suevia Films. Direción: Richard Attenborough: Historia biográfica de Mahatma Gandhi, desde a súa vida en Africa do Sur ata a súa volta á India e a súa defensa dos dereitos humanos. Película clave para entender en qué consiste a mensaxe da non violencia, as súas dificultades e resultados.
-Outras películas complementarias para o valor da non violencia.
American history x. Tony Kaye, 1998
Antes de la lluvia. Micro Manchevski ,1994
Capitanes de abril. Mª de Medeiros. Coproducción europea, 1997.
Cuando el viento sopla. J. Murakami, 1986 /
Cuenta conmigo. R. Reiner, Estados Unidos, 1986.
Diario de un rebelde. Scott Kalvert, 1995
El bola. Satur Idarreta, 2000
El gran dictador. Ch. Chaplin, 1940
El odio. M. Kassovitz, 1995
En tierra de nadie. D. Tanovic, 2001
Haz lo que debas. S. Lee, 1989
La delgada línea roja. T. Malick, 1998
La estrategia del caracol. S. Cabrera, 1994
La vida de los otros. Florian Henckel-donnersmarck, 2006
Las flores de Harrison. Eli Chouraqui, 2000
Libre. Diego Betancor / gofiator@hotmail.com
Los gritos del silencio. R. Joffre, 1984
Los hijos de la calle. Barry Levinson, 1997
Nacido el 4 de julio. 0. Stone, 1989
Rebelde con causa. Michael Hafström, 2003
Salvar al soldado Ryan. St. Spielberg, 1998
Senderos de gloria. Stanley Kubrick, 1957
Ser y tener. Nicolás Philibert, 2002
Sin novedad en el frente. L. Milestone, 1979/
Un lugar llamado milagro. R. Redford, 1987 /
West Beirut. Z. Doueri, 1998
–STOP ACOSO ESCOLAR: Vídeo con escenas preparadas en You Tube, indicando situacións máis ou menos simuladas sobre o acoso escolar, cun fondo de canción sobre o bullying. O mellor, talvez, a letra e o ritmo de presentación para unha discusión en grupo. Séguenlle unha gran cantidade de series de You Tube co mesmo tema, que é necesario seleccionar con especial atención, segundo a idade e circunstancias dos alumnos