VALOR CIDADÁN 1: NON VIOLENCIA

Unidade 3: Ciberacoso escolar

1. A NOTICIA

O ciberacoso entre escolares estase extendendo polo contacto permanente dos nenos con teléfonos móbiles e Internet

Propomos na Unidade 3 sobre o valor cidadán da non violencia diversas noticias que recollen o tema do ciberacoso escolar. Efectivamente, constitúe un dos problemas de violencia máis preocupantes no ámbito próximo da escola e que ten o seu reflexo frecuente nas noticias do xornal.

-Tres noticias: o chamado Cyberbullying ou ciberacoso escolar / o estudo do Observatorio Estatal para a Convivencia escolar / e o blog permanente dedicado ao mozo Jokin, vítima do acoso, ao recordalo recentemente no seu cuarto aniversario.

1. Stop Bullying

Un estudo elaborado por colexios e entidades de ensino de sete países europeos advirte dos prexuízos que para os mozos supón o ciberacoso, unha forma de acoso escolar baseada no uso das novas tecnoloxías. Esta práctica aparece incluída no traballo Stop Bullying, que propón nun cedé un total de 22 metodoloxías para que os educadores combatan as diferentes formas de acoso escolar. O colexio Maristak de Durango (Biscaia) liderou esta investigación xunto á Fundación Innova.

Segundo recolle o estudo, este tipo de intimidación entre iguais resulta «máis ameazadora» porque, a diferenza da que se produce «cara a cara», pode acaecer en calquera momento e espazo físico, ata na propia casa da vítima. Ademais da rapidez con que se propagan as gravacións ofensivas por Internet ou a través dos teléfonos móbiles e o gran número de destinatarios que poden recibilas en pouco tempo, un maior número de persoas poden involucrarse ao acceder a contidos humillantes ou transmitilos. Por outra banda, os acosadores poden manterse no anonimato, o que aumenta a sensación de inquietude entre as vítimas.

Ademais deste colexio biscaíño, interviñeron neste estudo, que foi completado nos últimos dous anos, o centro de investigación da Universidade de Landau (Alemaña), a consultoría checa Tempo Training e Consulting e o grupo italiano de resolución de conflitos IT.

Máis datos, aquí.

2. Observatorio Estatal de Convivencia Escolar

Un estudo foi realizado por un grupo de traballo no que participaban todas as comunidades autónomas, membros do ministerio e expertos da Unidade de Psicoloxía Preventiva da Universidade Complutense de Madrid. Para a súa elaboración entrevistouse a 6.175 profesores e 23.100 alumnos de 301 centros educativos de toda España salvo Cataluña, que xa manifestou a súa intención de incorporarse ao próximo estudo. Entre o 1,1% e o 2,1% do alumnado di ser a miúdo ou moitas veces vítima de gravacións ou outras formas de acoso con novas tecnoloxías, o coñecido como ciberbullying.

3. Cuarto aniversario de Jokin. Jokin nace en Hondarribia (Guipúscoa) o 25 de setembro de 1989. Catro días antes de cumprir 15 anos falece traxicamente -vítima do bullying-. O seu blog presenta un rexistro continuo de noticias sobre o acoso a nenos e adolescentes:

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies