Fernando Pariente.

No Día Mundial do Teatro é bo lembrar que nesta mesma data de 1973 Marlon Brando, no cénit da súa carreira e logo de recrear maxistralmente ao capo da mafia don Vito Corleone nunha das mellores interpretacións da historia do cine, atreveuse a renunciar á gloria de Hollywood. Non foi recoller o oscar que lle concederon, para protestar contra o trato vexatorio que as tribos indias, poboadoras do territorio norteamericano antes da chegada dos brancos, recibiron en gran parte do cine norteamericano fabricado en Hollywood. Foi aquel o mesmo ano no que a Academia premiou tamén por primeira vez cun oscar a un director español, Luis Buñuel, aínda que a súa película O discreto encanto da burguesía era de produción francesa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies