A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Un inesperado descubrimento en Saturno

Un inesperado descubrimento en Saturno

Os aneis de Saturno fotografados pola sonda Cassini | NASA JPL-CALTECH SPACE SCIENCE INSTITUTE

XAVIER FONSECA | 10/10/2019

O invento do telescopio permitiulle a Galileo Galilei observar nunha noite do ano 1610 catros lúas que orbitaban ao redor de Xúpiter: Ío, Europa, Ganímedes e Calisto. O astrónomo italiano descubrira que a Terra non era a única cunha compañeira cósmica. Desde entón a lista de satélites naturais coñecidos non deixou de aumentar. Ata agora a encabezaba Xúpiter con 78, pero un telescopio situado en Mauna Kea (Hawai) acaba de localizar vinte novos obxectos ao redor de Saturno, que suma 82 e sitúase no máis alto. «Son planetas xigantes, mil veces máis grandes que o noso. Isto provoca que a gravidade sexa tamén moito máis intensa e, por iso, teñen tantos satélites na súa órbita», explica o astrónomo Borja Tosar.

As lúas poden nacer de tres xeitos diferentes. Fórmanse, por exemplo, ao mesmo tempo que o planeta, a partir dunha nube de gas e po. «É posible tamén que pase preto un obxecto e o planeta atrápeo. Este é o caso dos dous satélites de Marte. E ademais os propios corpos que hai en órbita estalan ou chocan entre eles e xeran outros novos», sostén Tosar.

Actividades

1. ¿Cal é a orixe deses satélites atopados agora, de onde saíron? A noticia explícacho máis adiante.

2. ¿Cales son os outros planetas do Sistema Solar? Este curto vídeo (para alumnos de Primaria) lévache a Xúpiter.

3. ¿ Queres saber máis cousas de Xúpiter, o Sistema Solar ou de calquera outro aspecto de astronomía? Nesta mesma páxina fai click en Pregunta a un científico e fai a túa no formulario que aparece ante os teus ollos. Prometemos responder a todas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies