JESÚS GARRIDO
La Voz de Galicia do pasado domingo, 4 de abril, ofrecía máis de 150 noticias de interese, distribuídas, con maior ou menor texto, nas súas diversas seccións: primeira páxina, A fondo, Galicia, Opinión, España, Internacional, Sociedade, Economía, Marítima, Cultura, Deportes, Lecer e tendencias, Alta definición, última páxina.
UN TRABALLO DE CONXUNTO
Nos diversos cursos para profesores sobre o uso do xornal na escola que se ofreceran propúñaselles un exercicio de selección de noticias nas diversas seccións do xornal. Isto tiña a vantaxe non só da selección da noticia coa que ían traballar na aula, senón a de que os obrigaba a coñecer mellor o xornal por dentro. E, despois, seleccionasen a noticia elixida para traballar con ela na aula.
O xornal, xa que logo, era o obxectivo, e non só as súas noticias. Este exercicio é moi importante e debe seguir facéndose agora, e non quedar só en seleccionar unha noticia e xa está. Ao ver, páxina a páxina, o xornal na aula —mellor en papel, pero tamén na súa versión en liña— proporcionaralles aos alumnos non só interese, capacidade de selección e recursos, fotos, títulos, fotos, comentarios, etcétera.
Nun exercicio cun grupo de alumnos analizouse, por exemplo, La Voz de Galicia do 4 de abril do 2021. E resultou así de ben… Animámonos?
PRIMEIRA
■ María Pita recupera as súas badaladas
■ España deixa sen pór un millón de vacinas durante a Semana Santa
■ Aumentan as cláusulas abusivas nos alugamentos
A FONDO. Páxinas 2 a 8
■ Galicia sae da terceira onda coa taxa de mortalidade máis baixa da Península. Terceiro día consecutivo sen novos contaxios de covid na residencias. A transmisión do coronavirus mantense estable
■ España prorroga outros dez días o peche da fronteira interior con Portugal. Milleiros de persoas contras as restricións en Alemaña. Francia comezará a vender autotest de covid nas farmacias. Turistas franceses en Madrid: «É volver á vida normal»
■ Sobrevivir mentalmente á pandemia. Algunha solución máis aló do bromazepam… ou esperar a ver se chegamos vivos ao final?
■ O ritmo de vacinación cae en España nos días festivos da Semana Santa. O Países Baixos suspenden todas as vacinacións con AstraZeneca
■ Por que as mulleres e os mozos sofren máis reaccións ás vacinas?
■ A aplicación das cláusulas abusivas nos alugueiros dispárase pola pandemia. En España hai xa 1.600 insolvencias empresariais ocultas a causa da crise. Traballadores en ERTE terán seis meses para pagar o IRPF a Facenda
GALICIA. Páxinas 9 a 14
■ A Xunta reaxusta os programas para arranxar no 2021 unhas 6.000 vivendas. O BNG tacha de irresponsable a inexecución de 1.400 millóns de fondos europeos. Varios deputados galegos do PP urxen a reparación do túnel da Cañiza na A-52
■ O Estatuto de Galicia cumpre 40 anos sen peticións activas para a súa reforma. Acceso ao autogoberno: unha negociación confusa, marcada pola «aldraxe»
■ Desde Boqueixón imparte tutoriais de carpintería mentres monta o seu taller. A Xunta busca descendentes de galegos residentes no exterior para estudar másteres
■ O cadáver achado en Mos presenta o cranio incompleto por un forte golpe. Cee chora a perda de María Riveiro, a sanitaria de sorriso perenne
■ O arquitecto que alertou dos problemas do Gaiás hai vinte anos: «É coma un pesadelo»
■ Os presos máis violentos de Galicia. Falece un home en Cangas cando usaba unha motoserra. Morre en Melide tras a rotura do disco dunha rebandadora. Unha condutora que cuadruplicaba a taxa pide axuda a Tráfico para chegar ao seu traballo. Piden cinco anos de cárcere por estafar 40.000 euros a un home maior
OPINIÓN. Páxinas 15 a 18
■ Cataluña, Escocia, Quebec: unha lección. Non digas que foi un sono. Beneficios e riscos
■ O viacrucis do litoral galego. Sen morderse a lingua. Fatigados e pandémicos
■ Abrir a festa, pechar o Estado. A saúde antes ca o lucro. Cartas ao director
■ Os gólem. As mil caras da pobreza. Estanme comendo o eido. Café con leite e máscara
ESPAÑA. Páxinas 19 a 21
■ Sánchez conxela os xestos a ERC, á espera do desenlace en Madrid e Cataluña. Os republicanos reiteran a JxCat que no controlará el Goberno desde Waterloo
■ Madrid convértese no laboratorio do novo taboleiro político
■ Miras premia a unha ex deputada de Vox e a inclúe no seu Goberno. O presidente de Melilla, expulsado de Cs, reitera que non abandona o cargo. Breves
INTERNACIONAL. Páxinas 23 a 24
■ O regreso do esquerdista Lula da Silva revoluciona o taboleiro político de Brasil. Ao holandés Rutte complícaselle formar Goberno. Morre outro dos médicos rusos que atenderon a Navalni tras ser envelenado
■ Os mexicanos están a volver a Estados Unidos. Breves
■ O atacante do capitolio era un mozo con problemas mentais e seguidor da Nación do Islam
SOCIEDADE. Páxinas 25 a 26
■ «Se pasan máis de tres horas, é difícil recuperar un membro amputado». Asociacións LGTBI denuncian pintadas contra homosexuais e trans en varias cidades. O Ingenuity fará o seu primeiro voo en Marte a partir do 11 de abril. O Cairo traslada 22 momias nun espectacular desfile de época
■ Os novos avances aumentan os anos con calidade de vida dos doentes de párkinson
ECONOMÍA. Páxinas 27 a 29
■ As argucias para cambiar ao cliente o contrato de luz sen sabelo sofistícanse
■ Está en ERTE? Revise o pagamento, equivócanse. As fábricas xa producen ao ritmo máis rápido dos últimos 15 anos
■ Entrevista ao presidente da asociación de estacións de servizo. A Xunta solicita fondos da UE para 12 polos de emprendemento no rural
MARÍTIMA. Páxina 30
■ España mirará a potencia dos motores da flota pesqueira. Boris Johnson anima aos británicos a comer máis pescado
CULTURA. Páxinas 31 a 32
■ O legado dos pintores Mallo e Seoane
■ Crítica de cine
DEPORTES. Páxinas 33 a 38
■ A Real Sociedade, campioa 34 anos despois. Incidentes en Bilbao, cunha moza hospitalizada
■ O Real Madrid cumpre ante o Eibar. O Atlético xoga no Pizjuán sen marxe de erro. Breves
■ Mendizorroza, nova vía do Celta cara á permanencia. Goleada do Villarreal ao Granada. Lugo e Málaga, no Ángel Carro
■ Raí marca tendencia na medular
■ Mala aterraxe do Celta B en Balaídos. Paso cara atrás do Compostela. O Racing busca un triunfo ante o Langreo
■ O Leyma recibe a un Almansa do que Sergio recea. O Obradoiro desperdiciou en 30 segundos unha gran remontada
LECER E TENDENCIAS. Páxina 45
■ «Para concursar non só fan falta coñecementos, senón manter a calma». Froilán e Victoria Federica, de vacacións en Marbella. Rocío ou o poder da televisión. CSI volverá a Las Vegas con William Petersen e Jorja Fox
ÚLTIMA
■ Resurrección
■ Grellada en Venres Santo
ACTIVIDADES
Pois… moi ben. O xornal, en papel, ou tamén en liña.. debe estar en clase. É un bo profesor: sabe moito, exprésao moi ben, repíteo, dálle foto e cor… e acompáñanos todos os días.
■ Facemos a selección das noticias de hoxe… en grupo, xornal en man? En realidade, é o novo libro… de todos os días!