A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Un estudo do CSIC demostra que o cerebro humano xera novas neuronas ata os 90 anos O mecanismo atópase con todo danado en pacientes con alzhéimer

Un estudo do CSIC demostra que o cerebro humano xera novas neuronas ata os 90 anos O mecanismo atópase con todo danado en pacientes con alzhéimer

CAMBRIDGE UNIVERSITY

REDACCIÓN / LA VOZ | 26/03/2019

Un estudo no que participou o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) demostrou que unha rexión do cerebro humano, coñecida como xiro dentado, produce novas neuronas ata a novena década de vida. Este mecanismo, denominado neurogénesis hipocampal adulta, atópase danado en pacientes con enfermidade de Alzheimer. Os resultados do traballo foron publicados na revista Nature Medicine.

O nacemento de novas neuronas no cerebro humano adulto posúe unha gran importancia para a medicina moderna, xa que esta clase especial de neuronas xerado no hipocampo participa na adquisición de novos recordos e na aprendizaxe en ratos. Resultados recentes volveron a abrir o debate neste campo ao non detectar a presenza destas células no cerebro humano. Este traballo analiza en profundidade as causas da obtención de posibles resultados contraditorios atopados por distintos grupos de investigación.

Segundo os autores do traballo, estes achados posúen unha gran importancia no estudo das enfermidades neurodegenerativas e concretamente no estudo do Alzheimer. Neste sentido, a detección precoz dunha diminución na xeración de novas neuronas podería ser un marcador temperán da aparición desta enfermidade.

Actividades

A1.NOTICIA COMPLETA: Na páxina 23 da sección Sociedade de La Voz de Galicia.

A2. NOTICIA DIFÍCIL: Polo menos no que se refire á enfermidade do Alzheimer; pero tamén moi importante o coñecer de que se trata, xa que é algo que incumbe moitas familias nas que conviven tamén persoas de idade que necesitan comprensión, respecto e agarimo de todos.

A3. NOTICIA OPTIMISTA: O cerebro xera novas neuronas ata os 90 anos. Por tanto, os mozos, co tempo, verán novas perspectivas e remedios eficaces para que o tempo se alóngue e poidan gozar dunha vida mellor, grazas á investigación médica.

A4. CEREBRO HUMANO: É a clave, a materia pendente e en continua aprendizaxe. Hoxe, 7 palabras crave que figuran no QUE da noticia. Terminamos o día sabendo un pouco máis da neurogénesis, alzheimer, hipocampo, células dexenerativas, detección precoz…? Algo así como estudar o cerebro grazas ao cerebro vivo que cada un ten.

A5. BO DÍA. E boa investigación: que o teu cerebro creza, non o deixes durmir.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies