Fernando Pariente.

A vocación de Laurence Olivier pola interpretación revelouse nel desde moi novo, animada e estimulada polo seu pai, un pastor protestante afeccionado ao bo teatro. Formouse na Escola de Arte Dramática de Londres e debutou nos escenarios a finais dos anos 20, converténdose enseguida nun gran interprete, especialista en Shakespeare. Tamén logrou abrirse camiño no cine grazas a películas como Cumes borrascosas, dirixida por William Wyler, e Rebecca, de Alfred Hitchcock. Conservou ao longo da súa vida profesional unha clara preferencia pola interpretación teatral, pero esporadicamente volvía ás pantallas con traballos que lle valeron once candidaturas ao óscar á interpretación. O seu éxito animoulle a dirixir e protagonizar a versión cinematográfica do Hamlet de Shakespeare, coa que gañou o León de Ouro do Festival de Venecia e o oscar á mellor película e ao mellor actor. En 1978 foille concedido un oscar de honra por toda a súa obra. O 11 de xullo de 1989, un dos máis grandes actores que coñeceu a historia da interpretación, falecía na localidade inglesa de Steyning, en Sussex. Tiña 82 anos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies