A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

«Un bo profesor non termina a lección cando soa a campá» Andria Zafirakou recibiu o Global Teacher Prize polo seu labor como docente nun centro conflitivo da área metropolitana de Londres

«Un bo profesor non termina a lección cando soa a campá» Andria  Zafirakou recibiu o Global  Teacher  Prize polo seu labor como docente nun centro conflitivo da área metropolitana de Londres

PACO RODRÍGUEZ

ELISA ÁLVAREZ | LA VOZ/SANTIAGO | 28/05/2019.

Pechou o ciclo de conferencias dos Diálogos de Educación, que organiza o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra e deixou claro que a escola pode cambiar o mundo. Andria Zafirakou, profesora de arte nun centro de secundaria da área metropolitana de Londres con elevada conflitividade, logrou dar seguridade ao alumnado e as súas familias, elevar as cualificacións e implicar a toda a comunidade.

No 2018 recibiu o prestixioso Global Teacher Prize. Definitivamente a escola pode cambiar o mundo. As clases son o futuro, os profesores poñemos a semente da creatividade, o interese e a motivación, e a nosa responsabilidade é asegurarnos de que os alumnos elixen a dirección correcta.

-¿Que calidades debe ter un bo profesor? – A principal é que a túa goces traballando e creando relacións co alumnado. A segunda é que mostres a túa paixón pola materia, ata o punto de que consigas embarcar ao alumnado, que camiñe ao teu lado. E a terceira é que o profesor teña grandes expectativas do seu alumno e dígalle: isto non é suficiente porque sei que o podes facer mellor. E ter altas expectativas do alumnado sexa cal for a súa contorna social ou económica.

Actividades

A1. NOTICIA COMPLETA. Na páxina 24 de La Voz de Galicia de hoxe.

A2. CAMBIAR O MUNDO. É a gran pregunta. Pode logralo a escola? En que sentido? Que opinas? Algúns opinan, ou simplemente din, que é o mundo o que cambia a escola. A escola cambia o mundo: Os profesores poñemos a semente da creatividade.

A3. LA CAMPANA. O que fai que un profesor sexa bo é que non termine a lección cando soa a campá. Como explicas isto? Ou… cada un vaise á súa casa, o colexio pecha as súas portas e todo se acabou?

A4. IMPORTANCIA DA ARTE. A autoconfianza, a creatividade, o traballo en equipo, o saber comunicarse… Non se valora a arte nalgunhas escolas. Gustaríame pensar que me deron o Global Teacher Prize pola miña paixón e polas evidencias de como a arte puiden ir máis aló e axudar…

A5. As 4 CUALIDAES DO PROFESOR: Gozar traballando / crear relacións co alumnado / paixón pola materia / ter grandes expectativas do alumno…

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies