A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Un aro portátil, a idea dun inventor español para manter a distancia na praia este verán Países ribeiregos do Caribe xa se interesaron polo dispositivo

Un aro portátil, a idea dun inventor español para manter a distancia na praia este verán Países ribeiregos do Caribe xa se interesaron polo dispositivo

Recreación que mostra como se usan os aros nun arenal | ÓSCAR PAVÓN

CARLA ELÍAS | REDACCIÓN / A VOZ | 22/05/2020

Portátil, con pouco custo de produción e efectivo. Así é o invento de Óscar Pavón para poder manter a distancia social este verán, especialmente nas praias. O enxeñeiro madrileño, consultor técnico e de desenvolvemento de tecnoloxía, patentou xa o que promete ser o obxecto do verán: un aro para axudar a evitar as aglomeracións en espazos públicos.

«Chamoume a atención as noticias sobre a idea de Italia de instalar mamparas de separación en metacrilato para as persoas cando se poida ir á praia, piscinas, parques… Na miña opinión é un sistema moi ineficiente, caro, difícil de manter e que, en todo caso, desmotiva a calquera persoa, turista ou non, a ir á praia», explica.

«Trátase dun aro que poderá ser fabricado cun tecido sintético e barato, por exemplo, o das tendas de campaña, e refórzase cunhas baleas desmontables, así, todo é portátil», sinala Pavón. Ten 2,5 metros de diámetro, dentro do espazo poden tombarse ata dúas persoas con comodidade e, para lograr que non se voe, conta con petos que se poden encher de area.

Actividades

1. Temos a noticia enteira na páxina 13 de La Voz de Galicia, que podes visitar picando aquí.

2. ¿Es inventor, inventora de algo? Tes no texto unha ligazón de que é un invento. ¿Serías quen de describir que é de verdade un invento útil, que calidades debe ter? ¿Que che gustaría inventar… ou que alguén inventase… para remediar…. E non prexudicar a ninguén con ese invento nestes intres nos que estamos a vivir para protexernos a nós e axudar aos demais?

3. Esta mesma idea de que o invento solucione algún problema, pero, ao mesmo tempo, non moleste a ninguén aparece hoxe no texto da noticia: “O prototipo do aro leva inscrita a lenda en castelán, inglés, francés, italiano ou alemán: “Por favor, respecte o espazo”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies