A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Un apagamento masivo deixou ás escuras a 48 millóns de persoas en toda Arxentina e Uruguai Atribúeno a un fallo nunha hidroeléctrica de ambos os países

Un apagamento masivo deixou ás escuras a 48 millóns de persoas en toda Arxentina e Uruguai Atribúeno a un fallo nunha hidroeléctrica de ambos os países

MARCELA VALENTE | BUENOS AIRES / COLPISA | 17/06/2019.

Un masivo apagamento, sen precedentes polo seu alcance territorial, deixou sen electricidade onte a Arxentina e Uruguai pouco despois das sete da mañá, hora local. Tras unhas horas de escuridade, a secretaría de Enerxía informou de que se produciu «un colapso do sistema de Interconexión», o que provocou «un corte masivo en todo o país e en Uruguai».

Empresas de enerxía apuntaron a un «fallo masivo» do sistema, pero non explicaron os motivos do xigantesco corte que afectou a 48 millóns de persoas. O presidente arxentino, Mauricio Macri, dixo que se tratou de «un feito inédito que será investigado a fondo». Ao principio creuse que a interrupción afectara tamén a Chile e Brasil, pero autoridades deses países desmentírono. Si confirmou a Administración Nacional de Usinas e Transmisións Eléctricas de Uruguai que o apagamento foi total no seu territorio. «Nunca pasara», explicou Alejandra Martínez, portavoz de Edesur, unha das firmas encargadas da subministración eléctrica arxentino proveniente de centrais térmicas, hidroeléctricas e nucleares.

A Secretaría arxentina de Enerxía informou que o apagamento «sería» por un fallo no sistema de transporte desde Yacyretá, a central hidroeléctrica arxentino-paraguaia. Os maiores apagamentos rexistrados en Arxentina foron máis ou menos prolongados no tempo, pero sempre se limitaron a rexións ou barrios. Nunca antes interrompeuse a electricidade en todo o país repentinamente e a cero.

Actividades

A1. Noticia completa: Pág. 18 do sector Internacional de La Voz de Galicia.

A2: Escuridade: Aínda que non se ve, ¿podes pescudar de onde vén esa palabra?

A3: Tres termos relacionados coas centrais: Que diferenza existe entre térmicas. hidroeléctricas – nucleares?

A4: Móbiles. As redes sociais serviron para comezar as peripecias e a forma de arranxar os problemas máis urxentes durante tres horas: mesmo para buscar onde había auga, xa que as bombas de distribución apagáronse, os ascensores paráronse, e as portas dos garaxes non se abrían

A5: Tres horas sen luz ás sete da mañá e que afectou a 48 millóns de persoas. Se abres esta dirección, atoparasche con historia de apagamentos moi “luminosos” e a súa duración no mundo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies