JESÚS GARRIDO

É posible unha pequena homenaxe á gran idea que nos presenta Nacións Unidas co seu documento da declaración do 2021 como Ano Internacional da Paz e a Confianza? Que facemos, que podemos facer na escola? Imos intentalo desde estas páxinas cunha proposta máis fácil e outra algo máis difícil.

PROPOSTA FÁCIL?

Que axudas utilizamos, por exemplo, co suxestivo e atractivo gráfico de tea de araña que acompaña esta páxina? Sabes utilizalo? Apréndese enseguida! E é moi eficaz ao noso nivel, en certos momentos nos que é necesario falar sobre un conflito que está estragando a nosa confianza e convivencia.

Na Ficha A5.9 da Guía del profesor A. La noticia  tes a explicación de como usar este diagrama que che axuda a resolver conflitos. Na Guía úsase como exemplo «as causas e remedios para evitar accidentes» segundo informaba a Dirección Xeral de Tráfico. Pero pódelo aplicar a calquera conflito no ámbito escolar ou na vida para lograr paz e confianza nos pequenos e maiores problemas.

MOI DIFÍCIL?

A segunda proposta, para resolver os conflitos graves que coñecemos a través das noticias do xornal e que, ao noso nivel, podemos ver por onde se adoita darlles intentos eficaces de solución. Algo que aprenderemos, por suposto, do alto nivel que moveu á ONU para buscar «paz e confianza» a través destas estratexias.

1. Confrontación. Basicamente consiste en facerlles fronte non cedendo en absoluto ante as esixencias da outra parte en conflito. Pode ser dunha forma máis ou menos violenta ou, simplemente, resistir, defender unha posición e non ceder.

DEBATE. Que pensas: fácil ou difícil?

2. Negociación. As dúas partes intentan falar, analizar o conflito, facer as súas ofertas de arranxo, ceder, gañar-perder, perder-gañar ou gañar-gañar para ambas as partes, que talvez sería o mellor…

DEBATE. Que opinas? Que ten de positivo? Dificultades…

3. Mediación. Cando as persoas que están en conflito non teñen habilidades suficientes para discutir, enfádanse enseguida, non saben que facer cando se dá un impás ou unha das partes en conflito é moi poderosa ante a outra, que talvez sabe manifestarse coa súa arte e formas de linguaxe, adoita acudirse á mediación. Nese momento, talvez cada un dos grupos en discusión fala con alguén do grupo en particular ou busca unha persoa ou especialista, allea ao grupo, que poida botarlles unha man, informar ou insistir nalgúns datos ou modos de ver diferentes para aclarar o tema e que vexan algunha forma de entenderse.

DEBATE. Que pensas? O acudir a unha persoa que está fóra do grupo pode mellorar a técnica discusión e o acordo final?

4. Conciliación. En realidade, pode ser moitas veces unha variante da mediación que non só se limita a mediar, senón que intenta ademais buscar puntos posibles de acordo, incluso animar a que alguén busque algún modo de entenderse, formular mellor os puntos de acordo, incluso animar a que alguén ceda sen que con iso se perdan puntos básicos de acordo.

DEBATE. Que sospeitas? Pode haber logros pola intervención de alguén alleo ao grupo ou pode alguén sentirse rebaixado porque non soubemos, nós sos, arranxarnos eficazmente?

5. Arbitraxe. Ambas as partes expoñen as súas propostas e criterios. Incluso pasaron por algunha das fases anteriores e, pola urxencia, o cansazo, o desánimo… de tanta técnica e sistemas de chegar a acordos necesitan o consello dunha axuda exterior. Necesítase, en certos momentos ou temas difíciles, un árbitro que teña as cualidades de ser bastante aceptado polo grupo, se é posible, para chegar a un acordo suficiente. Exponse o que se falou e escóitase a súa proposta, aclárase se é preciso e acéptase, polo menos por un tempo.

DEBATE. Que adiviñas? Vai funcionar definitivamente ou por prazos, aos poucos?

6. Apelacións. Naturalmente, nun ambiente educativo, especialmente en temas de aprendizaxe na aula, non soa ben. Pero a apelación ten tamén o seu sentido cando as cousas non se arranxan e crean problemas, por exemplo, no grave e importante progreso debido da aprendizaxe escolar. Se vale, en clave de humor, soa un pouco ao videoarbitraxe ou VAR, a cámara de asistencia que serve aos árbitros para confirmar ou corrixir posibles erros. No mundo laboral e administrativo ten, sen dúbida, un sentido serio e pleno.

DEBATE. Onde imos se non logramos entendernos? Ou aceptamos o conflito, as dificultades porque as cousas son así?

7. Novo deseño. Con algunha frecuencia, a instancia de conflitos, problemas e inquietudes esixe unha nova forma de facer as cousas, sobre todo no mundo escolar e todo o que se refire á aprendizaxe, á atención que se merece o ritmo que cada alumno poida desenvolver. Os deseñadores da teoría do pensamento lateral, con Edward de Bono á fronte, afirman que o conflito se dá con frecuencia porque non se axusta ao modo preferente e natural que cada un ten de aprender.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies