A fase final da terceira Eurocopa da historia celebrouse en Italia en 1968. España, que era a campioa da edición anterior, non conseguiu clasificarse para esta fase final na que xa só se xogaban as semifinais e a final. Foi derrotada en cuartos por Inglaterra en enfrontamento a dobre volta. Empatamos sen goles en Madrid e perdemos en Wembley por 1-0, tanto marcado no minuto 84 por Bobby Charlton. As semifinais xogáronse o 5 xuño, unha entre Italia e Rusia, en Nápoles (empataron a cero e clasificouse Italia porque así o decidiu unha moeda lanzada ao aire) e a outra, que tamén se xogou en Nápoles e o mesmo día pero en diferente estadio, gañouna Iugoslavia fronte a Inglaterra por 1-0.

Por certo, hoxe tamén é o Día Mundial do Medio Ambiente. O lema deste ano é Economía verde, ¿inclúete a ti?.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies