PREGUNTA: Karla, 12 anos, Indigo Institute, Toluca, México | 10/04/2019. 
RESPONDE: MARCOS PÉREZ. 

A min paréceme unha pregunta marabillosa, como todas as que teñen que ver co mundo que nos rodea. É certo que nun día despexado vemos o ceo de cor azul, pero en canto ponse o sol ese mesmo ceo vólvese negro. Entón, ¿o ceo é azul ou é negro? Pois como todas as cousas, o ceo é da cor da luz que reflicte cara a nós. De noite, como non hai luz solar, o ceo non reflicte ningunha luz e parécenos negro. Pero de día está o sol, cuxa luz é a combinación de luces de todas as cores, como vemos cando se produce un arco iris. Resulta que, cando chega á atmosfera terrestre, a luz interactúa co aire e, mentres a luz dalgunhas cores apenas se desvía, a luz azul dispérsase por todas partes, tinguindo todo desa cor. Alá onde miremos está a luz azul que forma parte da luz solar. En definitiva, o que é azul non é o ceo, senón a atmosfera iluminada polo sol.

Fai a túa pregunta

3 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies