Pregunta: Simón, 12 anos, Salesianos, A Coruña.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

¡Curiosa pregunta, Simón, e danme ganas de preguntarche que queres ser! Vexamos: sen esforzo non se acada nada na vida agás que che toque a Primitiva, e iso pásalle cada ano só a media ducia de persoas dos case 47 millóns que somos en España. Así que a primeira condición é traballar moito e ben; no teu caso, estudar agora mesmo. Despois é certo que cómpre ter en conta dúas cousas: os pés no chan e un chis de sorte. Se queres algo imposible como ser presidente de Estados Unidos, non o acadarás porque unha lei cho impide. De maneira que hai que desexar cousas reais e posibles: ser presidente do Goberno español, o mellor arquitecto do mundo, un bo pai cando sexas maior… E logo está a sorte, que non sempre se porta ben con un. Pero repito: se te esforzas chegarás a algo máis importante, que é estar feliz contigo mesmo polo conseguido. ¿Imaxínas que xornal fariamos cada día en La Voz de Galicia se os centos de persoas que traballamos aquí chegásemos enfadados por non poder xogar no Real Madrid ou no Barça? Somos moderadamente felices. E iso é fenomenal.

Fai a túa pregunta

5 + 11 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies