Pregunta: Xana Fernández Martínez, 12 anos, CEIP Fermín Bouza Brey, Ponteareas (Pontevedra)
Responde: Bibiana García Visos.

O tempo que vive unha bolboreta, Xana, varía en función do seu tamaño, da especie que sexa, de onde viva, da época do ano na que nos atopemos… En promedio, a vida dunha bolboreta é de ao redor dun mes, aínda que as máis pequenas adoitan vivir menos, preto dunha semana, mentres que as máis grandes poden alcanzar case o ano, como a bolboreta monarca, que vive nove meses. Ata chegar a adultas, as bolboretas pasan por catro estados: ovo, oruga ou larva, crisálida e adulto ou imago. O estado de oruga pode durar días, semanas ou meses. Por exemplo, unha das bolboretas máis comúns que podemos ver no campo, a vanesa dos cardos (Vanessa cardui), ten un estado de oruga que dura ao redor de dez días, e en total pode alcanzar un par de meses de vida.

Fai a túa pregunta

10 + 12 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies