SARA CABRERO
Escoitaches falar algunha vez da conta corrente? Cando alguén abre unha conta corrente é como si estivera a contratar un gran peto. Pero en vez de ter un porquiño na casa, o encargado de ir gardando e xestionando os nosos aforros e os cartos que temos é un banco. Pódeche parecer unha cuestión pouco importante, pero isto conseguiu simplificar e moito a vida da xente. Podes imaxinar aos teus pais pagando o aluguer do piso no que vivides carto a carto? Ou ter que levar na carteira centos de euros para poder pagar calquera cousa que teñas que mercar e que supoña un alto custo, coma un ordenador ou mesmo unha bicicleta?

Na nosa conta corrente poderemos ir deixando os cartos que imos gañando. Pero tamén poderemos sacalos e gastalos para pagar cousas. O diñeiro entra, por exemplo, cada mes cando a empresa na que traballamos paga os euros que nos corresponden por ter desenvolvido correctamente as nosas tarefas e quefaceres diarios. Estes cartos pódense sacar do banco a través das tarxetas das que falábamos o outro día. Pero tamén pode enviarse diñeiro a outras persoas a través do que se coñece como unha transferencia, que non é máis que cambiar os euros que nós queiramos dunha conta corrente a outra. E, incluso, na nosa conta podemos domiciliar pagos. Imaxinemos que cada mes temos que pagar un pouco de diñeiro por un coche que mercamos e que temos decidido pagar a prazos. A nosa conta corrente nos permite dicirlle ao vendedor que vaia collendo cada mes eses cartos que lle debemos sen necesidade de que vaiamos cargando cunha morea de billetes ate o concesionario cada trinta días para ir cumprindo coa nosa débeda. E ten moito ollo, porque é moi importante recalcar e que entendas que todos os cartos que hai na nosa conta corrente son os que nós temos ido aforrando co paso do tempo e cos nosos esforzos. Os euros que alí están gardados en ningún caso serán regalados. E moito menos ilimitados.

Números vermellos
No caso de que gastemos un pouco máis do que temos alí acumulado, atoparémonos co que se coñece cun descuberto en conta. Seguro que en máis de unha ocasión tes oído iso de ter a conta en números vermellos. O que significan estas dúas expresións é que a nosa conta corrente do banco ten un saldo negativo, menor que cero. Ou o que é o mesmo, que temos gastado máis cartos dos que tiñamos aforrados e o número que aparece en negativo ou pintado de cor vermella é o diñeiro que lle debemos ao banco.
E con todo isto hai que ter moito coidado, porque o banco pode penalizarnos ou, digamos, multarnos se nos pasa isto. Teremos que pagarlle uns cartos como penalización por quedarnos en números vermellos.

PREMA AQUÍ PARA VER O VÍDEO EXPLICATIVO

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies