A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Ricardo Carvalho Calero será o autor homenaxeado no Día das Letras 2020 Unha única candidatura, a do profesor ferrolán, chegará á votación do sábado no plenario da Real Academia

Ricardo Carvalho Calero será o autor homenaxeado no Día das Letras 2020 Unha única candidatura, a do profesor ferrolán, chegará á votación do sábado no plenario da Real Academia

O profesor ferrolán e escritor Ricardo Carvalho Calero, nunha imaxe dos anos oitenta | TINO VIZ

HÉCTOR J. PORTO | REDACCIÓN / LA VOZ | 19/06/2019

Á sexta vai a vencida. Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990) terá por fin o seu Día das Letras Galegas. Despois de moitos intentos sen froito, nesta ocasión sairá adiante por consenso, se se entende por consenso cando dúas partes conflúen sen intención ningunha de facelo. A RAG (Real Academia Galega) prepara a celebración dun plenario para o mediodía deste sábado, no que se abordará a votación que decidirá quen será o autor homenaxeado nas Letras do ano 2020, e no que esta honra recaerá na figura de Carvalho Calero.

A tan insigne mesa de discusión chegará unha soa candidatura, a do profesor ferrolán, pero pola vía de dúas propostas diferentes, encontradas. Unha proposta asinada por trece académicos -que conta co apoio de toda a xunta directiva que encabeza Víctor F. Freixanes– e unha segunda subscrita por outros nove -entre os que se atopan os máis próximos ao expresidente Xosé Luís Méndez Ferrín-. Segundo estes últimos, ambas entraron no rexistro da RAG o mesmo día, o 20 de maio, con apenas unhas horas de marxe.

Actividades

1. Animámoste a que leas enteira esta noticia facendo click aquí.

2. Pois practicamente xa temos outro literato galego a piques de ser homenaxeado en todos os colexios dentro duns meses. ¿Que sabes del?

3. ¿Que é a Real Academia Galega? ¿Quen a fundou? ¿Cando?

4. ¿Sabías que na súa web ten un dicionario que che aclara todas as dúbidas?

5. Derradeiro mércores deste curso, e derradeiro número de La Voz de la Escuela no medio do xornal. Ademais das fotos dos gañadores do concurso de mellor xornalista, na páxina 6 hai case unha ducia de recomendacións de libros para ler este verán.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies