7. AVALIACIÓN

Esta unidade didáctica dedicada á ortografía pensouse para xerar actitudes positivas nos alumnos, non para substituír o ensino sistemático das normas nin para evitar o necesario coidado que os alumnos han de pór nos escritos escolares. Por este motivo propomos unha avaliación centrada en analizar en que nivel han interiorizado o valor de escribir coidando a ortografía.

7.1 Recepción. ¿Parécelles que unha noticia sobre ortografía é interesante? ¿Sabían quen fixaba as normas ortográficas? ¿Sabían que había un libro que establece as normas ortográficas?

7.2 Resposta. ¿Ten interese a noticia? ¿Abordan con interese as actividades para ampliar coñecementos sobre a Real Academia Española? ¿Mostran interese por baixar a Ortografía de Internet e ver, polo menos, como se expón as normas? ¿Interésalles saber cales son os ámbitos da ortografía e que as súas normas non se limitan ao emprego das letras, senón que tratan tamén dos acentos, as maiúsculas…?

7.3 Valoración. En especial, ¿interésanse polo prólogo da Ortografía, polas razóns de que a nosa sexa así? ¿Entenden que a ortografía é unha convención e que por iso podería cambiarse, pero ao mesmo tempo suporía un difícil e complexo problema facelo? En concreto, ¿xera adhesións ou rexeitamentos a idea de que é unha ortografía moi fonolóxica?

7.4 Organización. ¿Que fan para mellorar a súa ortografía? ¿Interésanse por coñecer a fondo as normas? ¿Preguntan como debe escribirse cando se lles sinalan faltas?

7.5 Caracterización. ¿Hai algún alumno que poida identificarse como o que non ten faltas?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies