5. METODOLOXÍA

5.1. Secuencia de actividades

– A actividade 1 desenvolverase con axilidade, para entrar no núcleo da 4. Esta é a actividade central de este e-studio. Debe dárselle dinamismo e sorprender aos alumnos, que reaccionarán comprendendo a importancia de que todos sigamos as mesmas normas, aínda cando ás veces sexan difíciles de aprender ou non sexan as máis razoables. Non debe esquecerse que esta unidade didáctica alcanzará o seu máximo valor cando xere actitudes positivas cara á ortografía. Dependendo do curso, graduarase a lonxitude dos escritos, así como o número das antirregras que se aplicarán e o rigor con que se faga: algunha podería simplificarse.

– A 5, aínda que máis seria, debe resolver tamén con certa axilidade e quizais só sexa válida para os cursos superiores (de 3.º da ESO en diante).

– As actividades 2 e 3 pódense contemplar como de ampliación (ambas ou só a 3). Así mesmo, a 6.

– A actividade 7 pode non ter moito interese directamente, pero axuda a contextualizar.

– E a 8 só debe aplicarse en cursos superiores (desde 4.º de ESO ).

5.2. Agrupamentos e espazos

  • Segundo os hábitos de traballo na aula, pódese optar por facer pequenos grupos ou por traballar individualmente.
  • Pódese facer unha posta en común da actividade 4.
  • Na actividade 8 pódese dar a coñecer a toda a clase os mellores traballos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies