4. ACTIVIDADES

Actividades para os obxectivos conceptuais

4.1 Empregar algunha variante (das incluídas na Guía del profesor A. La noticia) do xogo que serve para seguir as sete pistas da noticia.

4.2 Investigar os quen da noticia: visitar a web da RAE e obter datos sobre:

  • Ano de fundación, fundador, que rei a fixo real.
  • Cal é o seu lema.
  • Cal é o seu obxectivo fundacional e a súa misión actual.
  • Cal é a súa sede.
  • Quen é o seu actual presidente.

4.3 Investigar a Asale.

  • ¿Quen a fundou, cando e onde?
  • ¿Que obxectivos se propón?
  • ¿Cantas Academias a compón?
  • ¿Hai algunha que sexa dalgún país no que o español non sexa lingua oficial
  • ¿Cal é a decana das hispanoamericanas?

Actividades para os obxectivos procedimentais

4.4 Xubilar a ortografía, como propuña García Márquez, pode intentarse, polo menos en pequena escala, para comprobar se resulta tan sinxelo. Os alumnos (divididos por grupos ou individualmente) redactan un texto (ou copian unha noticia) seguindo algunha destas antirregras de ortografía (só unha por grupo ou alumno):

  • Antirregra 1: escribirase sempre o V como B, e ignorarase o H.
  • Antirregra 2: unificarase a ortografía de CA, CO, CU, QUE, QUI e K na grafía K; unificarase ZA, ZO, ZU, CE, CI na grafía Z. Así mesmo, simplificarase o CH en C.
  • Antirregra 3: todo o que soe como o ga escribirase con G; e os S e os X que vaian diante de consoante unificaranse en S.

Despois, os grupos ou os alumnos intercámbianse os escritos e cada un corrixe o texto do outro segundo as antirregras que apliquen. ¿Haberá faltas (ou antifaltas)?

Para rematar, uns len os textos doutros, o que servirá, sen dúbida, para comprobar que non resulta tan fácil desacostumarse á ortografía. (Por suposto, esta actividade debe adaptarse ás idades. En cursos superiores pódese intentar nunha segunda sesión aplicar todas as antirregras; nos cursos de primaria quizá sexa máis adecuado -confundiría menos- empezar pola antirregra 2).

4.5 Consultando a Ortografía da Academia (que se pode ler en Internet, aínda que convén avisar de que é un documento bastante grande en bytes: http://www.rae.es/rae/gestores/gespub000015.nsf/(voanexos)/arch7E8694F9D6446133C12571640039A189/$FILE/Ortografia.pdf), un exercicio interesante é sinalar as partes en que se divide, qué reflicten os distintos campos de aplicación das normas. ¿Cales destas normas parecen máis importantes, difíciles de aprender, discutibles…?

4.6 ¿Sabes por que aquí escribimos ás veces ortografía con maiúscula? A ver se es capaz de atopar a resposta na Ortografía.

Actividades de ampliación

4.7 (Para traballar o primeiro obxectivo procedimental). Xunto a esta noticia, houbo outras dúas que chamaron a nosa atención entre as que estes días xeraron ambos os congresos: La RAE creará un banco léxico con 300 millones de palabras del siglo XXI y un microdiccionario (29/03/200), en http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5670788&lnk; e La «Nueva gramática de la lengua española» se aprobó ayer en Medellín (25/03/2007), en http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5660571.

  • Trátase agora de buscar nestas noticias cales son os outros proxectos nos que está inmersa a RAE e saber que son os dicionarios, gramáticas, lexicóns…
  • Tamén se propón clasificalos entre publicacións impresas e electrónicas (ou ambas).
  • E, das electrónicas, sinalar de cales se pode dispor en Internet.

Actividades actitudinais

4.8 (Para traballar os obxectivos actitudinais). O prólogo da actual Ortografía (http://www.rae.es/rae/gestores/gespub000015.nsf/(voanexos)/arch7E8694F9D6446133C12571640039A189/$FILE/Ortografia.pdf) ofrece unha breve historia de cómo se foron fixando as normas ortográficas desde os tempos en que se fundou a Academia e cómo deberon en ocasións refugar outras propostas (algunhas, bastante razoables). Trátase de ler este prólogo para descubrir:

  • qué achega a Ortografía ao idioma;
  • por qué é boa esta norma ortográfica;
  • qué critican os seus detractores;
  • qué suxiren outros estudiosos;
  • qué dificultades suporía cambiar agora a norma (¿poderíase cambiar?);
  • quén decidiu que se ensinase nas escolas e cando o fixo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies