
3. CONTIDOS
3.1. Coñecementos previos
Aínda que en distintos niveis, a ortografía constitúe unha materia que desde moi pronto se empeza a ensinar e que non deixa de traballarse durante toda a etapa escolar. Desde a idea básica de que hai palabras (haber, aber, haver) que se poden escribir de forma diferente -aínda que que só unha é correcta- ata a aplicación dalgunhas normas potestativas e a sempre difícil cuestión do acento e os signos de puntuación. Así pois, para adaptar este e-studio ao nivel dos alumnos haberá que ver ata que punto están familiarizados co uso das letras, os acentos, o emprego de maiúsculas e signos de puntuación e en que medida poden comprender as razóns que xustifican determinadas eleccións.
3.2. Contidos conceptuais
Estudo da noticia Unha ortografía…
Aínda que a noticia é moi breve, ou quizais por isto mesmo, é moi apropiada para seguir as sete pistas para coñecer a noticia (Guía del profesor A. La noticia).
- Quen: a Real Academia da Lingua en colaboración coa Asociación de Academias da Lingua Española.
- Que: unha (actualización da) ortografía.
- Por que: para que sexa máis sintética e sinxela; porque hai necesidade de simplificala.
- Onde: en Cartaxena de Indias.
- Cando: durante o IV Congreso Internacional da Lingua Española (marzo do 2007), pero sen data de conclusión.
- Canto: as 22 Academias que forman a Asale; máis exercicios.
- Como: eliminando normas potestativas (1); sendo máis didáctica e clara (2); sen variar o actual sistema, que ten un enorme grao de estabilidade (3); incluíndo un compendio electrónico e exercicios nun cedé.
Ademais, a noticia trata de dous asuntos relacionados.
O primeiro:
- Quen: Gabriel García Márquez.
- Que: xubilar a ortografía.
- Cando: hai dez anos.
- Onde: en Zacatecas (durante o I Congreso Internacional da Lingua Española).
O segundo:
- Quen: as 22 Academias.
- Que: a futura Gramática de Medellín.
- Como: con carácter panhispánico.
3.3. Contidos procedimentais
- Investigar os tipos de publicacións académicas.
- Aplicar as normas ortográficas.
3.4. Contenidos actitudinales
- Valorar a adaptación ás normas ortográficas: comprender o seu sentido.
- Entender os instrumentos de normalización do idioma (ortografía, dicionarios, gramática) como factor unificador, non como unha imposición.
- Xerar respecto pola norma ortográfica, interese por coñecela e aplicación aos escritos escolares e doutro tipo (incluído Internet).