
2. OBXECTIVOS
– O primeiro obxectivo deste e-studio é que os alumnos coñezan (ou recorden o que saben sobre ela) a Real Academia Española: a súa fundación, o seu labor normalizador (que vale por unificador) e investigador, de onde emana a súa capacidade normativa, o seu liderado entre as demais Academias e o porqué dos congresos nos que participa.
– Tamén pode servir para ver que tipos de publicacións facilitan: dicionarios, ortografías, gramáticas, bancos de datos…
– Pero, sobre todo, o que interesa é aproveitar a noticia para xerar unha actitude positiva respecto da ortografía, axudando a comprender o labor de consenso realizado pola RAE e o valor da tarefa unificadora dunha lingua que conta xa con 400 millóns de falantes.
– Obviamente, ao avanzar cara a cursos máis altos incrementarase a profundidade (maior coherencia, formulacións mellor fundamentados) ao razoar sobre o feito ortográfico.