SARA CARREIRA

Investigar, escoitar, organizar o traballo, contactar con expertos, preparar entrevistas, chegar ás conclusións, redactar os textos, resumilos, repasar, responsabilizarse do escrito… Facer unha reportaxe é un cúmulo de accións que aprenden aos rapaces moitas das habilidades e competencias que a sociedade vai esixirlles, e ademais estes traballos de campo, segundo a temática elixida, pode servirlles para profundar no temario. Pero La Voz de la Escuela e Norvento organizan un premio non só por todo o anterior, que tamén, senón tamén para que os mozos de hoxe valoren a importancia do xornalismo, entendan que un tuit non pode ter o mesmo peso que un traballo de investigación firmado cun nome verdadeiro e que a realidade ten moitos puntos de vista.

Para os profesores que estean interesados en que os seus alumnos vivan esta experiencia, aínda queda tempo. Quen queira só ten que enviar un correo electrónico cos seus datos (nome e apelidos, centro educativo, teléfono de contacto e materia que imparten) a periodismoenlaescuela@prensaescuela.es antes das vacacións de Nadal.

Neste certame os rapaces publicarán —en castelán ou galego, o que prefiran— a súa reportaxe na web de Prensa-Escuela e os profesores explicarán nas páxinas do suplemento La Voz de la Escuela como enfrontaron e resolveron o reto. Os textos pódense compartir en redes e seren votados, mesmo haberá un premio ao que máis votos teña.

Un xurado estudará os traballos e elixirá os que considere mellores nas catro categorías que ten este concurso: premio absoluto, provincial (hai catro premios, obviamente), á difusión e o Premio Norvento. Este está pensado exclusivamente para reportaxes que aborden diferentes aspectos das enerxías renovables.

Polo agora, xa hai trece centros educativos inscritos no concurso. Son: na provincia de Ourense, os privados Divina Pastora Franciscanas (na capital) e Sagrado Corazón, en Celanova; de Lugo anotáronse Torre de Lemos (Monforte) e o IES Muralla Romana, da capital; da provincia da Coruña están os institutos Pedra da Aguia (Camariñas), Urbano Lugrís (Malpica), Francisco Aguiar (Betanzos) e IES de Ames, así como os centros privados Obradoiro e Liceo La Paz (ambos da Coruña); e de Pontevedra participan o IES de Valga, o CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia) e o CPR Sagrado Corazón de Placeres (Pontevedra).

6 PREMIOS DUN XURADO E UN DE VOTACIÓN POPULAR
O certame conta sete premios, decididos por un xurado que determinará La Voz de la Escuela:

PREMIO ABSOLUTO. Á mellor reportaxe. Suporá a publicación do texto nas páxinas xerais de La Voz de Galicia e unha entrevista ao profesor. Tamén hai un agasallo para o mestre e outro para os estudantes.

4 PREMIOS PROVINCIAIS. As reportaxes serán publicadas nas edicións de La Voz de Galicia da provincia correspondente.

PREMIO NORVENTO. Haberá un premio á mellor reportaxe sobre enerxías renovables. O traballo será publicado nas páxinas xerais de La Voz de Galicia, e tanto o profesor o como os alumnos recibirán un agasallo.

PREMIO Á DIFUSIÓN. Os estudantes (e os seus profesores) máis activos e que consigan máis votos para a súa reportaxe recibirán un premio (os rapaces e o mestre).

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies