Pregunta: Antía, 9 anos, CEIP Silleda (Pontevedra).

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez

Non sei, Antía, a que che refires exactamente, así que espero acertar. Algúns animais recoñecen algúns sitios -unha formiga non se equivoca de formigueiro- e aos seus compañeiros de grupo -un mono sabe quen é o mono dominante, o xefe do grupo, por exemplo-. Pero non poñen nomes nin aos sitios nin aos compañeiros. Iso só o fai o ser humano, nós. ¿Cando empezamos a identificar os sitios cunha palabra, aos nosos compañeiros con outra e aos obxectos con outras? Non o sabemos. Dende logo, foi cando o noso cerebro foi aumentando de tamaño e fíxose máis complexo co de, por exemplo, un gorila. Nalgún momento dado, fai centos de miles de anos, un antepasado púxolle nome a unha árbore, unha cova, un obxecto ou un dos seus compañeiros. E sen dúbida foi un son gutural. ¿Ti sabes facer un son gutural?

Fai a túa pregunta

11 + 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies