5.1 Secuencia de actividades
Ao longo de seis semanas seguidas, unha sesión semanal en titoría.
5.2 Técnicas
Debates, busca de información, exercicios prácticos e traballo por equipos.
5.3 Agrupamentos e espazos
Traballo individual e grupal que se desenvolverá na aula, onde se realizará a posta en común das actividades realizadas. Para utilizar Internet necesitarase a aula de informática, se é que non hai conexión na aula. O taboleiro será necesario para expor os murais de noticias e o documento final.
5.4 Estratexias
En termos xerais, e como estratexia para favorecer a comunicación e o respecto na vida cotiá da aula, proponse:
- Usar unha linguaxe que non sexa impositiva.
- Defender o dereito a poder disentir e a ser respectado.
- Estimular a capacidade de escoita.
- Integrar as diferenzas e as achegas individuais.
- Favorecer a autoestima de mozos e mozas.
- Reforzar positivamente aos alumnos e alumnas.
- Favorecer dinámicas de traballo cooperativas.
- Promover que o protagonismo no «uso da palabra» sexa compartido tanto por mozos como por mozas.
- Responsabilizar por igual, ás mozas e aos mozos, nas diferentes tarefas que se lles encomenden.
- Non tolerar actitudes desprezativas entre o alumnado, e especialmente as provocadas por diferenzas de xénero.
- Non utilizar ás mozas para aplacar as actitudes violentas dos mozos.
- Buscar o maior número de solucións analizadas ante un problema.
- Fomentar procesos de interrogación, diálogo e razoamento.