3.1 Conceptuais
O quen, o que, o como, o cando, o onde e o porqué da noticia.
O enfoque mediático da violencia de xénero.
As características e fases do proceso da violencia.
3.2 Procedimentais
Manexo das noticias do xornal (material e virtual).
Dinámicas sobre o tema partindo dunha noticia do xornal.
Debates sobre conceptos básicos e estratexias de prevención.
3.3 Actitudinais
Actitude crítica ante informacións publicadas nos medios de comunicación sobre este tema.
A eliminación de prexuízos machistas e ideas erróneas sobre a violencia conxugal.
A responsabilidade individual e social na denuncia dos malos tratos.