Pregunta: Mauro García, 8 anos, CEIP Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

En realidade, Mauro, non temos a certeza de que Deus exista. Moita xente ten o que se chama fe. É dicir, cre moi sinceramente que si existe, pero isto é algo indemostrable. Nós, no xornal, non mesturamos as nosas crenzas co traballo. Teño compañeiros na redacción que creen en Deus, outros que dubidan e outros máis que defenden que non hai Deus ningún nin aquí nin en ningures. E todos respectámonos, porque ese é o segredo de ter paz: respectarse e non obrigar a ninguén a crer en nada. De modo que, exista ou non exista Deus, nós temos que actualizar esta páxina web cada día e facer un xornal cada día.   

Fai a túa pregunta

13 + 10 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies