PREGUNTA: Xiana, 11 anos, Calasancias Padre Míguez, Vigo.
RESPONDE: PATRICIA BARCIELA.

O tabaco é unha planta que se pode fumar en forma de cigarros ou pipas. Contén nicotina, unha substancia química que produce unha sensación pracenteira que só dura un breve lapso de tempo. A nicotina é aditiva, o que quere dicir que, se comezas a usala, o teu corpo e o teu cerebro afaranse tanto a ela que a necesitarás para sentirte ben. Por iso, cando unha persoa comeza a fumar se pode volver adicta ao tabaco. E se tes unha adicción, é moi difícil que deixes de tela, ata se o desexas. Algúns nenos vólvense adictos de inmediato. Ademais, a nicotina e outras substancias químicas tóxicas do tabaco causan moitas enfermidades, como problemas cardíacos e algúns tipos de cancro. Se fumas, dánaste os pulmóns e o corazón cada vez que acendes un cigarro. E canto máis tempo fumes, peor é o dano.

Fai a túa pregunta

12 + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies